Máis cen persoas de persoas anotáronse para conformar a Plataforma de Afectados pola Estrada PO-234 que naceu formalmente no transcurso da asemblea veciñal celebrada na Casa do Pobo de Laxoso á que tamén asistiron o alcalde, Andrés Díaz, o tenente de alcalde de AVP, Alfonso Gutiérrez, o tenente de alcalde do BNG, Lito Muíños e a concelleira socialista, Pilar Couto.
A primeira medida de presión que porán en marcha os afectados será a recollida de sinaturas para reivindicar o comezo inmediato das obras.
Esta mobilización levarase a cabo principalmente en Laxoso, pero pretenden ampliala a tódalas parroquias de Ponte Caldelas e tamén dos veciños concellos de Cotobade, especialmente en Augasantas e Valongo, e A Lama.
As sinaturas que se recollan serán entregadas polos voceiros da Plataforma de Afectados pola Estrada PO-234 nas dependencias da Xunta de Galicia para que “podan ver a urxencia e a necesidade de acometer unha obra para evitar que sigan poñéndose en perigo, a diario, vidas humanas”, sinalaron os veciños.