O alcalde de Ponte Caldelas convida ao PP a asistir á asemblea cos veciños de Laxoso

Ponte Caldelas
12 de febreiro 2016

O Concello enviou unha carta á Xunta para que identifique os terreos precisos para executar a mellora da estrada PO-234 para “facilitar a cesión e evitar novas escusas da administración autonómica neste tema”

Reunión dos veciños de Laxoso co Goberno local
Reunión dos veciños de Laxoso co Goberno local / Concello de Ponte Caldelas

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, convidou aos membros do Partido Popular a asistir á asemblea veciñal convocada polo Concello para o vindeiro xoves, día 18 ás 20:30 horas, na Casa do Pobo de Laxoso e anímaos a "dar a cara ante os seus veciños e deixar de apoiar a irresponsabilidade da Xunta e utilizar unha cuestión de máxima prioridade, por estar en xogo vidas de persoas, como elemento de enfrontamento político".

Andrés Díaz achacou a "pactos de lealdade e vasallaxe" as manifestacións do novo portavoz do PPdeG en Ponte Caldelas, Ricardo Martínez Castro, a quen acusou de "tratar de medrar políticamente e facer méritos diante dos seus xefes".

"En aras de superar institucionalmente esta conflicto plantexado a última hora pola Xunta", o alcalde Andrés Díaz remitiulle á administración autonómica unha carta solicitándolle que identifique pormenorizadamente os terreos que precisa a mellora da PO-234 co fin de ir adiantando materia para que poidan ser cedidos e postos a disposición da Xunta.

INFORME DA POLICÍA LOCAL

Por outra banda, o equipo de goberno encargoulle á Policía Local que redacte un informe oficial sobre a perigosidade da estrada PO-234 e o índice de sinistralidade que acumula nos últimos tempos.

Arquivado en