Ethel Vázquez supervisa en Cotobade varios proxectos de accesibilidade e seguridade viaria

Cerdedo Cotobade
03 de febreiro 2016

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, visitou o Concello de Cotobade, onde acompañada do alcalde, Jorge Cubela e do delegado territorial da Xunta, Cores Tourís, han supervisados varios proxectos previstos e recentemente executados neste municipio

A conselleira Ethel Vázquez na súa visita ao Concello de Cotobade
A conselleira Ethel Vázquez na súa visita ao Concello de Cotobade / Xunta

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, realizou unha visita ao concello de Cotobade para abordar unha serie de proxectos de accesibilidade e seguridade viaria. "Son obras que redundarán en maiores servizos e na mellora da calidade de vida dos 4.300 veciños de Cotobade", sinalou Vázquez, quen estivo acompañada do alcalde, Jorge Cubela e do delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís

No que incumbe a actuacións xa executadas no municipio, a Xunta terminou recentemente a renovación da travesía de Carballedo -ao longo de case un quilómetro-, e onde se investiron case 83.000 euros na execución de novas beirarrúas, pasos de peóns, accesos a garaxes e mellora do deseño de interseccións.

Doutra parte, en canto a actuacións a executar, a Xunta contempla licitar en breve a mellora da seguridade da estrada provincial PO-232 entre San Xurxo e Carballedo, proxecto no que se investirán preto de 100.000 euros.

O alcalde, Jorge Cubela, tamén lle expuxo as melloras que require a estrada provincial PO-234 entre Cotobade e Ponte Caldelas por Aguasantas. Respecto diso, a conselleira remitiulle a definir e priorizar os tramos nos que sexa necesario actuar.

Arquivado en