Cores Tourís sigue de tour, hoxe: Ponte Caldelas, Cambados e Caldas de Reis

Ponte Caldelas
25 de novembro 2016

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, realizou este venres visitas institucionais aos concellos de Ponte Caldelas, Cambados e Caldas de Reis

José Manuel Rey e Cores Tourís
José Manuel Rey e Cores Tourís / Xunta

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, realizou este venres visitas institucionais aos concellos de Ponte Caldelas, Cambados e Caldas de Reis.

PONTE CALDELAS

Entre as principais necesidades que demandou o rexedor de Ponte Caldelas ao delegado territorial atópanse cuestións relacionadas coas infraestruturas e educación.

Andrés Díaz entregoulle un extenso dossier no que se relatan as necesidades deste municipio en asuntos de competencia da administración galega e se expresa o malestar polo trato discriminatorio que se está sufriendo no que atinxe aos investimentos de varias consellerías.

Entre os temas que analizaron durante a reunión se atopou a execución da mellora da PO-234, recordando o delegado territorial que a Xunta de Galicia non pode levar a cabo a ampliación desta estrada se o concello non aporta os terreos necesarios. 

Cores Tourís avanzou a Díaz que nos próximos días a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, reunirase cos alcaldes de Ponte Caldelas e Cotobade para analizar a situación deste proxecto e as necesidades do mesmo.

CAMBADOS

No Concello de Cambados onde mantivo unha entrevista co grupo de goberno local que lle trasladou cuestións relativas ao centro de día, a mellora da praza de abastos e a concentración parcelaria de Oubiña.

Fatima Abal, alcaldesa de localidade, tamén se interesou pola posibilidade de que a Xunta execute unha senda peonil entre Cambados e Vilanova pola costa. O delegado territorial insistiu en que se sigue a traballar sobre ela e que nestes intres o plan de camiños rurais xa se atopa rematados.

CALDAS DE REIS

Entre as principais necesidades que demandou o rexedor de Caldas de Reis ao delegado territorial, pola súa banda, atópanse cuestións relacionadas co saneamento, a educación e a sanidade.

O alcalde, Juan Manuel Rey destacou como prioritario a limpeza da cunca do río Bermaña de cara a evitar enchentes coa chegada do inverno. Por outra banda, o alcalde tamén analizou co responsable territorial o avance na busca dos terreos máis axeitados para a execución dun novo centro de saúde no municipio. Rey insistiu en que, en colaboración coa Consellería de Sanidade, estanse a concretar as parcelas máis axeitadas.

Arquivado en