A Plataforma Non Á Ampliación da Depuradora dos Praceres sae á rúa o sábado

Pontevedra
10 de xaneiro 2019

A plataforma fai un chamamento aos pontevedreses a sumarse a unha concentración convocada para este sábado 12 de xaneiro ás 18.00 horas na praza da Peregrina. Levará por lema 'Si ao saneamento integral da Ría. Non á ampliación da depuradora' 

"Camposanto da dignidade" contra a ampliación da EDAR dos Praceres
"Camposanto da dignidade" contra a ampliación da EDAR dos Praceres / Diego Torrado

A Plataforma Non Á Ampliación da Depuradora dos Praceres, xurdida en oposición aos proxecto da Xunta de Galicia para a parroquia de Lourizán, fai un chamamento aos pontevedreses a sumarse a unha concentración convocada para este sábado 12 de xaneiro na cidade de Pontevedra. 

A concentración está convocada para as 18.00 horas na praza da Peregrina e levará por lema 'Si ao saneamento integral da Ría. Non á ampliación da depuradora'.

Con esta concentración, os afectados buscan que o resto dos pontevedreses e veciños da comarca amosen a súa solidaridade con esta parroquia que consideran que é "mártir" e que está sendo "castigada durante décadas, agresión tras agresión"

Ademais de amosar o seu rexeitamento ao proxecto de ampliación da actual EDAR, buscan reivindicar a necesidade de abordar o saneamento da Ría de Pontevedra de maneira integral, sentando a todas as partes implicadas na búsqueda dun modelo que sexa racional e sustentable e asumindo todos os concellos a sua responsabilidade.

Na súa opinión, nestes últimos meses púxose de manifesto que a Xunta de Galicia aposta pola alternativa máis económica, que pasa por entubar todas as augas residuais domésticas e industriais do fondo da ría a un único punto, triplicando a EDAR actual, situada ao pé do banco marisqueiro máis importante da zona e aumentando en miles de meros cadrados a ocupación. Con este proxecto, consideran que non teñen en conta o  "sufrimento de Lourizán nin o dano ao medio ambiente".

Tamén consideran que con esta alternativa a Xunta ignora a vontade dos pontevedreses, expresada a través do rexeitamento unánime do Pleno municipal á ampliación. "É nunha fuxida cara adiante, quere colar pola porta de atrás o proxecto de novo emisario submarino, que só se xustifica coa ampliación posterior", engaden. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora