A voltas coa depuradora

Ethel Vázquez visitou a EDAR dos Praceres

A Xunta asegura que as queixas sobre novos cheiros e ruídos na depuradora dos Praceres "carecen de fundamento e veracidade"

07/09/2022
Pontevedra

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade replica ás queixas da Asociación veciñal Estriceres e asegura que "as afirmacións difundidas sobre novos cheiros e ruídos na depuradora dos Praceres carecen de fundamento e veracidade". Nun comunicado de prensa, a Consellería lembra que a Xunta rematou recentemente unha actuación de mellora na depuradora...

Oskar Viéitez
Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas, na visita de xullo ás reformas na depuradora de Praceres

Estriceres alerta do mal cheiro e o ruído que causa a reformada depuradora de Praceres

07/09/2022
Pontevedra

A asociación veciñal Estriceres emitiu un comunicado para denunciar publicamente os malos cheiros e o ruído que producen as instalacións da estación depuradora (EDAR) dos Praceres, despois de que finalizasen os traballos de mellora deste espazo en xullo deste 2022. Segundo indica este colectivo veciñal, os problemas de cheiro e ruído...

PontevedraViva
Depuradora dos Praceres

Presentadas once ofertas para a xestión e mantemento da depuradora dos Praceres

08/03/2022
Pontevedra

Augas de Galicia recibiu un total de 11 ofertas para a xestión e o mantemento da depuradora dos Praceres e as súas instalacións asociadas, para os vindeiros 2 anos. Das 11 ofertas presentadas a este contrato, licitado por un importe de 10.192.193 euros, 7 delas están conformadas por UTE, o que...

PontevedraViva
Depuradora dos Praceres

A depuradora de Praceres, en plena fase final de probas

20/09/2021
Pontevedra

As obras de mellora da estación depuradora de augas residuais de Praceres están xa na "última fase de probas" coa intención de que a súa entrada en funcionamento sexa xa inmediata como un "fito importante" para o saneamento de Pontevedra no que se realizou un investimento autonómico de 16,5 millóns...

Natalia Puga
Tubaxes para o emisario submarino

A depuradora dos Praceres, en servizo en setembro despois das obras de mellora

17/06/2021
Pontevedra

As obras realizadas na depuradora dos Praceres para a mellora do seu funcionamento estarán rematadas no verán e poderán entrar en servizo en setembro. Así o anunciou este xoves a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, despois de participar nunha reunión cos representantes das confrarías de pescadores da ría de...

PontevedraViva
Consello da Xunta

O Consello da Xunta prorroga durante un ano a xestión da depuradora dos Praceres

18/02/2021
Pontevedra

O Consello da Xunta aprobou este xoves o investimento de máis de 3 millóns de euros para a explotación da estación depuradora de augas residuais dos Praceres, por parte da Xunta. Coa autorización de hoxe, a Xunta prorroga durante o vindeiro ano a xestión e explotación desta infraestrutura hidráulica que dá...

Oskar Viéitez
Inicio das obras na depuradora dos Praceres

A Xunta inicia as obras de mellora da depuradora dos Praceres

02/07/2020
Pontevedra

Augas de Galicia iniciou as obras de mellora do proceso de depuración da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) dos Praceres. Esta actuación foi adxudicada á unión temporal de empresas Acciona Construcción, SA & Acciona Agua, SA, por un importe de preto de 13 millóns de euros. A intervención conta cun...

Oskar Viéitez
Performance en Lourizán

A Xunta, a EDAR, o cambio climático e o primo de Rajoy, en Lourizán

15/12/2019
Pontevedra

A Plataforma 'Non Á Ampliación' da depuradora de Lourizán realizou na mañá deste domingo unha performance para denunciar de maneira sarcástica a "sinrazón" que supón o proxecto da Xunta de Galicia de ampliar a EDAR dos Praceres. A performance levaba por título 'A Xunta, a EDAR, o Cambio Climático e o...

PontevedraViva
Antón Masa e Benito Andrade, nunha rolda de prensa da APDR

A APDR solicita a retirada do proxecto de ampliación da EDAR

04/12/2019
Pontevedra

A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) ven de presentar alegacións tanto á ampliación da EDAR de Os Praceres como á proposta de autorización de vertido para esta depuradora e o emisario submarino. Segundo explicaron en rolda de prensa Antón Masa e Benito Andrade, a APDR solicita que se...

Oskar Viéitez
Cristina Saiz
Infografía do proxecto da Xunta para ampliar a EDAR de OS Praceres

O BNG leva ao Parlamento o rexeitamento á ampliación da depuradora dos Praceres

14/10/2019
Pontevedra

O BNG rexistrou este luns, por medio do deputado por Pontevedra Luís Bará, varias iniciativas parlamentarias para a mellora do saneamento da ría de Pontevedra entre as que cabe sinalar a mellora da rede separativa nos concellos que verten á depuradora, o estudo da construción de novas depuradoras en Poio...

PontevedraViva
Instalacións da depuradora dos Praceres desde a avenida de Marín

Nove empresas interesadas en executar a mellora da depuradora dos Praceres

16/05/2019
Pontevedra

A Xunta de Galicia recibiu un total de nove ofertas de empresas interesadas no contrato para executar as obras de mellora da estación depuradora de augas residuais de Praceres. A actuación conta cun orzamento superior aos 16.5 millóns de euros. As obras, segundo o goberno galego, permitirán mellorar a curto prazo...

PontevedraViva
"Camposanto da dignidade" contra a ampliación da EDAR dos Praceres

A Plataforma Non Á Ampliación da Depuradora dos Praceres sae á rúa o sábado

10/01/2019
Pontevedra

A Plataforma Non Á Ampliación da Depuradora dos Praceres, xurdida en oposición aos proxecto da Xunta de Galicia para a parroquia de Lourizán, fai un chamamento aos pontevedreses a sumarse a unha concentración convocada para este sábado 12 de xaneiro na cidade de Pontevedra.  A concentración está convocada para as 18.00...

PontevedraViva
Mariscadores de a flote nos Praceres

Lourizán acusa á Xunta de facer "chantaxe" co posible peche da ría ao marisqueo

23/11/2018
Pontevedra

As análises realizadas por Sanidade ás augas das zonas de baño de Pontevedra, que cualifican de excelente a calidade da práctica totalidade da ría, demostran segundo a Plataforma Non Á Ampliación da Depuradora dos Praceres que a Xunta de Galicia está a "chantaxear" á opinión pública alertando dun posible peche...

PontevedraViva
Estación depuradora de augas residuais dos Praceres

Augas de Galicia fixa no "horizonte" de 2023 a ampliación da depuradora

14/11/2018
Pontevedra

Xa se coñecen os detalles do proxecto de mellora tecnolóxica da actual estación depuradora de augas residuais (EDAR) dos Praceres. O Diario Oficial de Galicia informa este mércores da apertura do prazo de exposición pública desta actuación. As alegacións poderanse presentar durante o próximos trinta días. En liñas xerais, Augas de...

Alejandro Espiño
Praia de Portocelo

Marín pide desprazar o emisario fóra da costa e das praias

07/11/2018
Marín

Tal e como anunciou no seu momento ante a mesa convocada para tratar do plan de saneamento local, o Concello de Marín presentou alegacións ao anteproxecto do novo emisario submarino que actualmente se atopa en exposición pública. Por parte da alcaldía se fixo unha proposta que foi completada con aportacións dos...

Oskar Viéitez
Antón Masa, presidente da APDR

Realmente fai falta un novo emisario? A APDR entende que non

07/11/2018
Pontevedra

A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) presentará alegacións ao novo emisario que levará as augas residuais urbanas dos concellos de Pontevedra, Marín, Poio e parte de Vilaboa desde a saída da depuradora dos Praceres ata a contorna das praias de Portocelo e Aguete, onde se situaría a...

Oskar Viéitez
Comisión de Urbanismo no Concello de Pontevedra

Pontevedra advirte que as obras fóra da actual EDAR son "incompatibles" co plan urbanístico

06/11/2018
Pontevedra

As obras previstas na actual depuradora dos Praceres, encamiñadas á súa mellora tecnolóxica, son legais segundo o Concello de Pontevedra. Así o sinalan os informes dos técnicos municipais, redactados para valorar o anteproxecto presentado por Augas de Galicia. Pero non todas as actuacións teñen a mesma consideración. A tenente de alcalde,...

Alejandro Espiño
"Camposanto da dignidade" contra a ampliación da EDAR dos Praceres

Os Praceres, convertido nun "camposanto da dignidade" contra a ampliación da depuradora

04/11/2018
Pontevedra

A Plataforma Veciñal Non á Ampliación da Depuradora realizou este domingo un acto simbólico nos terreos que estarían afectados por unha ampliación da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) dos Praceres. Os veciños de Lourizán cravaron unha serie de cruces na zona que ocupaba hai non tanto o campo de fútbol...

PontevedraViva
Diego Torrado
Cruces cravadas no antigo campo de fútbol de Lourizán

A plataforma de Lourizán céntrase de cheo na loita contra a nova depuradora

29/10/2018
Pontevedra

Os vecinos de Lourizán mantiveron unha asemblea veciñal este domingo no antigo campo de fútbol, durante a concentración que manteñen semanalmente. A asemblea decidiu non apoiar como plataforma veciñal a creación dos campos de billarda por parte do Concello nin a pretensión de solicitar a construción dun novo campo de fútbol...

PontevedraViva
Porto de Marín

Lourizán propón dúas "minidepuradoras" para o Porto de Marín e O Campiño

26/10/2018
Pontevedra

A plataforma veciñal de Lourizán, que se opón á ampliación da depuradora dos Praceres, vén de propoñer unha nova alternativa para abordar o problema do saneamento da ría de Pontevedra sen ter que aumentar as instalacións actuais da EDAR. Os veciños coinciden co goberno municipal en sinalar as augas residuais procedentes...

PontevedraViva
Reunión da Mesa pola saneamento da ría

A Xunta solicita ao Concello de Pontevedra a reparación da súa rede de sumidoiros

23/10/2018
Pontevedra

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, solicitou a implicación dos concellos no saneamento da ría de Pontevedra reparando a rede de sumidoiros, que no caso da capital presenta máis de 100 deficiencias. Así o dixo na reunión da mesa polo saneamento da ría de Pontevedra, na que participaron...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
Comisión de Seguimento do Plan de Saneamento Local da Ría de Pontevedra

A Xunta ve "imprescindible" ampliar a depuradora dos Praceres e propón ocupar terreos de ENCE

18/10/2018
Pontevedra

A ampliación da depuradora dos Praceres é, segundo a Xunta de Galicia, "imprescindible" para avanzar no saneamento integral da ría de Pontevedra. A este respecto, fontes da Consellería de Infraestruturas aseguran que os técnicos consideran que resulta "insuficiente" a mellora das actuais instalacións, que se licitará antes de que acabe...

Alejandro Espiño
Oskar Viéitez
Vías do tren na praza dos Praceres

A veciñanza de Lourizán solicita formar parte da mesa do saneamento da ría

17/10/2018
Pontevedra

A Plataforma Non á Ampliación da Depuradora dos Praceres ven de rexistrar en Augas de Galicia a solicitude para formar parte da mesa do plan de saneamento local da Ría de Pontevedra como "membro de pleno dereito, con voz e voto". Os veciños consideran que son "parte implicada e, sen dúbida,...

Oskar Viéitez
Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) dos Praceres

Costas asegura non ter "ningunha constancia" do proxecto para ampliar a depuradora

15/10/2018
Pontevedra

O Goberno central, que como responsable de Costas tería que autorizar a ampliación da depuradora dos Praceres cara os terreos do antigo campo de fútbol, asegura non ter "ningunha constancia" de este proxecto, impulsado por Augas de Galicia. Así llo trasladou a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, a unha...

PontevedraViva
Rafa Domínguez con veciños de Praceres que se opoñen a ampliación da EDAR

Rafa Domínguez trata o tema da depuradora cos afectados de Praceres, que tamén rexeitan a creación do novo emisario

15/10/2018
Pontevedra

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, achegábase na mañá deste domingo ata a parroquia de Lourizán para manter un encontro con representantes veciñais contrarios á ampliación da depuradora dos Praceres. Domínguez quixo manifestarlles o seu apoio con motivo da concentración que os afectados organizan todos os domingos. O...

PontevedraViva
Veciños de Praceres reparten información sobre a ampliación da depuradora á saída da misa

Lourizán preguntará a Maica Larriba que pensa o Goberno da ampliación da depuradora

13/10/2018
Pontevedra

A Plataforma Non á Ampliación da Depuradora de Praceres manterá un encontro esta semana coa subdelegada do Goberno, Maica Larriba, para coñecer cal é a posición do Goberno central en relación ao proxecto de ampliación das instalacións da depuradora de Pontevedra. Preguntarán tamén pola concesión do dominio público marítimo terrestre...

PontevedraViva
Rafael Domínguez e Ethel Vázquez

Rafa Domínguez traslada a Ethel Vázquez a preocupación veciñal pola ampliación da EDAR

12/10/2018
Pontevedra

O candidato do Partido Popular en Pontevedra, Rafa Domínguez, trasladou á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, a preocupación dos veciños ante o proxecto de ampliación da depuradora dos Praceres. Segundo informou o PP a través dun comunicado, Domínguez reuniuse na tarde deste xoves coa conselleira para comprobar de primeira...

PontevedraViva
Carme da Silva

O Concello reitera que a EDAR actual "dá de sobra" para atender a Pontevedra

11/10/2018
Pontevedra

A actual depuradora dos Praceres, lembra o goberno municipal, foi dimensionada para atender a unha poboación dunhas 200.000 persoas, polo que consideran que as instalacións actuais "dán de sobra" para atender á cidade de Pontevedra. A tenente de alcalde, Carme da Silva, reitera que a ampliación da depuradora "non é necesaria"...

Alejandro Espiño
Rafa Domínguez

Rafa Domínguez ve "mala conciencia" do BNG cara os veciños de Lourizán

11/10/2018
Pontevedra

Para o portavoz do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, a oposición mostrada polo BNG á pretendida ampliación da depuradora dos Praceres débese a unha "mala conciencia" cara os veciños de Lourizán, que foron vítimas, segundo dixo, do "engaño" do goberno municipal. Ata agora, engadiu, "nunca se han opuesto" a este...

Alejandro Espiño
Estación depuradora de augas residuais dos Praceres

A Xunta, "sorprendida" polo "cambio de postura" de Pontevedra coa depuradora

10/10/2018
Pontevedra

O rexeitamento unánime expresado pola corporación municipal de Pontevedra á ampliación da depuradora dos Praceres causou estrañeza na Xunta de Galicia. Aseguran estar "sorprendidos", especialmente polo "cambio de postura" do goberno municipal. Desde a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, da que depende agora Augas de Galicia, sinalan que despois de tres...

Alejandro Espiño
Pleno municipal no Teatro Principal de Pontevedra

Rexeitamento unánime de Pontevedra á ampliación da depuradora dos Praceres

09/10/2018
Pontevedra

A corporación municipal de Pontevedra teno claro. O rexeitamento aos plans da Xunta de Galicia para ampliar a actual depuradora de Os Praceres é unánime. Nunha declaración consensuada por BNG, PSdeG-PSOE e Cidadáns, á que se sumaron posteriormente Partido Popular e Marea, o pleno acordou instar o goberno galego a que descarte...

Alejandro Espiño
Veciños dos Praceres protestando no Pleno municipal

Os veciños de Lourizán piden que non se use a ampliación da depuradora como arma electoral

07/10/2018
Pontevedra

A Plataforma Non Á Ampliación da Depuradora pediu este domingo aos grupos políticos que compoñen a corporación municipal de Pontevedra que non utilicen como "arma electoral" este asunto e actúen "conxuntamente, con honradez e con lealdade cara aos veciños". Así o sinalaron nun comunicado no que fixeron balance das reunións mantidas...

PontevedraViva
Protesta das mariscadoras ante a depuradora dos Praceres

Rafa Domínguez esixe ao alcalde que ofreza unha alternativa á ampliación da depuradora

05/10/2018
Pontevedra

O portavoz do Partido Popular en Pontevedra, Rafa Domínguez, esixe ao alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores que presente unha alternativa para a ampliación da depuradora dos Praceres, na parroquia de Lourizán. "Lores debe deixar ao lado o seu cinismo. Non podes estar só a favor do saneamento da ría...

Oskar Viéitez
Luis Rei, portavoz de Marea Pontevedra

"Pontevedra non pode asumir o custo ambiental da depuradora e Poio e Marín irse de rositas"

03/10/2018
Pontevedra

A pretendida ampliación da depuradora dos Praceres sería, segundo Marea Pontevedra, unha nova "agresión" contra Lourizán, un "castigo" que as administracións "levan consentido durante décadas". Por iso é polo que iniciaron unha ofensiva para frear este proxecto. O portavoz de Marea, Luís Rei, anunciou que o seu partido levará unha moción...

Alejandro Espiño
Veciños de Praceres reparten información sobre a ampliación da depuradora á saída da misa

Os veciños de Praceres comezan as mobilizacións contra a ampliación da EDAR

30/09/2018
Pontevedra

Un grupo de veciños da Plataforma Non á Ampliación da Depuradora dos Praceres comezou este domingo as anunciadas mobilizacións públicas para manifestar o rexeitamento unánime da parroquia a que a Xunta de Galicia opte por ampliar a EDAR. Os veciños decidiron en asemblea un calendario de mobilización continúa contra o proxecto presentado...

PontevedraViva
Veciños dos Praceres protestando no Pleno municipal

"Praceres non quere ser unha ONG de recollida de cacas"

28/09/2018
Pontevedra

Un baixo parroquial ateigado pola veciñanza de Lourizán acolleu a segunda asemblea en oposición á ampliación da depuradora dos Praceres. A parroquia manifestou de xeito unánime o rexeitamento ao proxecto presentado por Augas de Galicia e aprobou un calendario de "mobilización continúa", que inclúe concentracións e manifestacións, comezando este venres...

Oskar Viéitez
Xuntanza de Augas de Galicia cos veciños de Praceres

Augas de Galicia promete consensuar cos veciños a ampliación da EDAR de Praceres

25/09/2018
Pontevedra

O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, comprometeuse a que a decisión definitiva sobre a ampliación da EDAR de Praceres, que incluirá a construción dunha nova depuradora, será "o máis consensuada posible". Así o asegurou durante a xuntanza que mantivo con representantes da plataforma veciñal Non á ampliación da depuradora...

PontevedraViva
Reunión de traballo sobre o plan de saneamento da ría

A Xunta propón ampliar a depuradora dos Praceres "no actual emprazamento"

19/09/2018
Pontevedra

As conselleiras de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e do Mar, Rosa Quintana, presentaron este mércores en Pontevedra as conclusións do estudo de alternativas para a ampliación da actual estación depuradora de augas residuais (EDAR), que propón catro posibles ubicacións para a nova depuradora. Das catro opcións viables, o estudo conclúe que...

Oskar Viéitez
Fábrica de Ence

Ence contribuirá á ampliación da EDAR dos Praceres "por solidariedade cos seus veciños"

24/06/2018
Pontevedra

A empresa ENCE asegura que contribuirá á ampliación da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) dos Praceres, "como mostra de solidariedade cos veciños de Pontevedra e os mariscadores", iniciativa que, segundo a compañía, "forma parte dos compromisos e da responsabilidade social de Ence coa súa contorna". Ence precisou que a compañía...

PontevedraViva
Comisión de Seguimento do Plan de Saneamento Local da Ría de Pontevedra

As entidades de Lourizán piden información oficial sobre a ampliación da depuradora dos Praceres

22/06/2018
Pontevedra

A Plataforma Non á Ampliación da Depuradora dos Praceres vén de solicitar sendas entrevistas cos máximos responsables, tanto de Augas de Galicia como do Concello, Roberto Rodríguez Martínez e Miguel Anxo Fernández Lores respectivamente, para ser informados da ampliación da estación depuradora de augas residuais. A plataforma está conformada pola práctica...

PontevedraViva
Veciños de Lourizán durante o pleno

BNG e PSOE pactan impedir a ampliación da depuradora de Praceres mentres non se remate o Plan de Saneamento da Ría

15/06/2018
Pontevedra

Veciños de Lourizán mostraban durante a sesión plenaria o seu malestar pola falta de determinación por parte dos diferentes partidos con representación municipal sobre a ampliación da estación depuradora (EDAR) de Praceres, que proxecta a Xunta de Galicia. Marea Pontevedra, a través do voceiro Luís Rei, presentaba no pleno unha petición...

PontevedraViva
Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) dos Praceres

Entidades parroquiais de Lourizán únense contra a ampliación da depuradora

30/05/2018
Pontevedra

Os plans avanzados por Augas de Galicia para ampliar a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) dos Praceres provocou o rexeitamento das entidades parroquiais de Lourizán. A través dun comunicado, varios colectivos da parroquia anuncian que se organizarán para tentar paralizar o que consideran "un novo atentado urbanístico e ambiental" na...

PontevedraViva
EDAR de Os Praceres

A APDR e Marea Pontevedra rexeitan a ampliación da depuradora dos Praceres

24/05/2018
Pontevedra

A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) e Marea Pontevedra rexeitan a proposta de ampliación da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) dos Praceres e solicitan iniciar un proceso de recuperación integral da ría. A APDR amosou o seu rexeitamento á "inaceptable" pretensión da Xunta de Galicia de duplicar...

Oskar Viéitez