A Policía Local de Poio multa un taxi pirata

Poio
06 de abril 2017

Segundo informaron fontes oficiais da Xefatura da Policía municipal de Poio, o taxi foi sancionado cando transportaba a unha persoa carecendo de autorización de transporte (Tarxeta de Transportes). Os axentes tamén comprobaron que o vehículo non tiña instalado o aparato taxímetro ao que está obrigado por normativa

Parada de taxis na Barca
Parada de taxis na Barca / Policía Local de Poio

A colaboración cidadá permitiu que a Policía Local de Poio detectase a un taxi pirata. Sucedeu o pasado 1 de abril.

Segundo informaron fontes oficiais da Xefatura da Policía municipal de Poio, o taxi foi sancionado cando transportaba a unha persoa carecendo de autorización de transporte, a tarxeta de transportes.

Os axentes tamén comprobaron que o vehículo non tiña instalado o aparato taxímetro ao que está obrigado por normativa. Debe dispoñer de taxímetro para tarifar aos clientes os transportes realizados, infrinxindo gravemente os preceptos citados do servizo público.

Por outra banda, o pasado 31 de marzo unha patrulla da Policía Local de Poio observou un taxi do Concello de Pontevedra facendo un servizo público na Praza do Mosteiro, recollendo un veciño.

A patrulla comprobou que dito servizo non se adaptaba a normativa de transportes, comprobando que carecía de contrato e folla de ruta necesaria para facer este servizo nun municipio diferente onde ten concedida a licenza de taxi. Os axentes procederon a tramitar unha denuncia pola Lei de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, que se tramita a Unidade de Transportes da Xunta de Galicia.

Dende a Policía Local lembraron que o transporte público de persoas debe realizarse cumprindo a normativa, para garantir un servizo de calidade aos usuarios.