Seguindo a programación das campañas e operacións especiais para 2018, a Policía Local de Poio comezou o seu labor de controis aos transportes escolares. Os axentes levan desde o día 19 de febreiro verificando vehículos do municipio, e dos 15 que avaliaron, localizaron unha infracción nun deles respecto das medidas de seguridade.
A campaña, que levará a cabo ata o venres 23 de febreiro efectúase en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, e fai especial fincapé na utilización dos cintos de seguridade e sistemas de retención, que reducen a probabilidade de lesións e morte en caso de accidente.
Entre os requisitos que deben cumprirse, están a obrigatoriedade de que os menores vaian acompañados por unha persoa cualificada e contar cun seguro de responsabilidade civil ilimitado. En caso de atopar algunha irregularidade, a Policía Local tramitaraa ante a Xunta de Galicia.
Polo momento, comunicouse que todos os vehículos cumpren coa normativa vixente, e que os condutores colaboraron de maneira positiva nos controis. A sensibilidade social sobre os menores é o principal motivo polo cal se extreman as medidas de seguridade, xa que este tipo de transporte presenta un índice de lesividade 14 veces inferior ao do automóbil.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.