A Policía Local de Poio sanciona a 25 persoas por saltar o peche perimetral durante a fin de semana

Poio
18 de xaneiro 2021

Os axentes impuxeron tamén cinco sanciones por non levar a máscara e tramitou denuncias a condutores que viaxaban sen a ITV en regra, baixo os efectos das drogas, sen cinto de seguridade ou coa carga mal acondicionada

Control da Policía Local de Poio polo peche perimetral do municipio
Control da Policía Local de Poio polo peche perimetral do municipio / Concello de Poio

A Policía Local de Poio tramitou esta fin de semana un total de 30 denuncias relacionadas co incumprimento das novas restricións pola pandemia da Covid-19. Desde o venres, o municipio está pechado perimetralmente e os axentes, nos operativos de seguridade levados a cabo na contorna do Puente da Barca ou na parroquia de San Xoán, sancionaron a 25 persoas por non respectar o peche perimetral.

Doutra banda, impuxéronse tamén outras cinco denuncias polo uso indebido da máscara na vía pública.

Noutra orde de cousas, durante o operativo os axentes puideron constatar tamén outras irregularidades non relacionadas coa pandemia, como dous vehículos que circulaban sen a ITV en regra, dúas persoas que deron positivo por consimo de estupefacientes, dúas multas por circular coa carga mal acondicionada e unha adicional por levar mal posto o cinto de seguridade.

Desde a Policía Local lembran que se seguirán realizando este tipo de controis durante as próximas xornadas, así como inspeccións para velar polo cumprimento do resto de medidas, como son o peche da hostalería ás 18 horas, o dos comercios ás 21.30 ou o toque de queda ás 22 horas.