A Policía Local de Sanxenxo aborda como mellorar a súa atención en violencia de xénero

Sanxenxo
06 de abril 2022

Como mellorar na súa forma de abordar casos de violencia de xénero. Esa é a formación que recibiu o persoal da Policía Local de Sanxenxo. Foi impartida polo inspector responsable do grupo de VioGén da Policía Local de Pontevedra, José Ángel Ruibal

Formación en violencia de xénero da Policía Local de Sanxenxo Concello de Sanxenxo

Como mellorar na súa forma de abordar casos de violencia de xénero. Esa é a formación que recibiu o persoal da Policía Local de Sanxenxo.

Foi impartida polo inspector responsable do grupo de VioGén da Policía Local de Pontevedra, José Ángel Ruibal, que leva anos loitando contra esta secuela desde primeira liña.

El foi o encargado de despexar dúbidas e valorar casos prácticos expostos polos axentes asistentes á xornada.

O seminario formativo tivo catro horas de duración nas que se falaron de protocolos de actuación en intervencións e profundouse na prevención e na protección da vítima. 

A xornada formativa sobre violencia de xénero enmárcase dentro da formación periódica en distintas materias que realiza a Policía Local de Sanxenxo co obxectivo de actualizarse coas novas normativas e cambios lexislativos.

As próximas charlas abordarán os usos de vehículos de mobilidade persoal, o alcoholímetro e test de drogas ou a aplicación de refórmaa lei da seguridade viaria.

CATRO NOVOS AUXILIARES EN SEMANA SANTA

Con respecto á Semana Santa, na que o municipio espera recibir por centos de turistas, a Policía Local incorporará catro novos auxiliares para reforzar os dispositivos de vixilancia diúrna e nocturna, garantindo un lecer seguro co descanso dos seus residentes.

Os reforzos darán comezo esta fin de semana e manteranse durante os catro días festivos onde se espera unha maior afluencia de visitantes.

A maiores, a Policía Local deberá tamén encargarse os días 13, 14, 15 e 16 da regulación do tráfico co paso das procesións.