A Policía Local de Vilagarcía tramita 18 denuncias a locais de hostalería por incumprir horarios

O Salnés
02 de novembro 2022

A maior parte das infraccións rexistráronse principalmente na Zona TIR e na contorna do Castro

Coche da Policía Local de Vilagarcía
Coche da Policía Local de Vilagarcía / Concello de Vilagarcía de Arousa

A ponte de Todos os Santos pechouse en Vilagarcía sen incidentes de gravidade pero con unha nova quenda de denuncias a varios establecementos hostaleiros, algúns xa reincidentes, polo incumprimento das normas.

Entre o venres e o martes, rexistráronse 16 propostas de sanción por non respectar os horarios das terrazas, ás que se sumaron outras dúas denuncias máis por incumprir os horarios do propio establecemento.

Como vén sendo habitual, as infraccións agora denunciadas se rexistraron principalmente na Zona TIR e na contorna do Castro, pero tamén na avenida da Mariña e na rúa Méndez Núñez. So na noite do luns ao martes houbo tantas denuncias como o venres e o sábado xuntos.

Ademais, o pasado luns os axentes tiveron que intervir nun caso de agresión e danos nun local na Zona TIR.