A Policía Local impón 476 multas, 14 esta fin de semana, por incumprir estado de alarma en Pontevedra

Pontevedra
04 de maio 2020

O informe da Policía Local revela que o 77 % dos sancionados son homes, e a maioría teñen idades comprendidas entre os 19 e 29 anos.

Patrulla de vixilancia do cumprimento do estado de alarma da Policía Local de Pontevedra
Patrulla de vixilancia do cumprimento do estado de alarma da Policía Local de Pontevedra / Diego Torrado

A Policía Local de Pontevedra impuxo 476 multas por incumprir as normas do confinamento desde que se decretou o estado de alarma o 14 de marzo. A concelleira de Seguridade Cidadá, Eva Vilaverde, fixo públicos os datos este luns nunha comparecencia na que matizou que durante a última fin de semana, no que se permitiu por primeira vez saír a facer deporte de forma individual, os axentes só sancionaron a catorce persoas.

O documento publicado polo goberno local reflicte que do total de sancionados, que ascende a 388 posto que algunhas persoas foron multadas en máis dunha ocasión, o 77 % corresponde a homes.

Na clasificación por idades, os mozos entre 18 e 29 anos son o grupo que acumula o maior número de multas cun 27 % do total, que supoñen un total de 106 individuos. Moi de preto, cun 21 % están as persoas con idades comprendidas entre os 30 e 39, ademais dos de entre 40 e 49. Un 13 % dos multados eran menores de idade e un 14 %, maiores de 60 anos.

Das preto de cincocentas sancións impostas, o 21 % delas recaeron en persoas reincidentes. Segundo o informe da Policía Local, dúas persoas foron multadas ata en oito ocasiones por incumprir o decreto do Goberno, mentres que 22 pontevedreses recibiron dúas multas deste tipo. 

Tres denuncias desta clase recibiron 8 persoas, catro sanciones, catro individuos; cinco, un veciño; e seis veces, dous habitantes de Pontevedra.