A Policía sorprende unha muller cando subtraía un bolso do interior dun establecemento comercial

Pontevedra
21 de abril 2021

A identificada é unha veciña de Pontevedra de 40 anos de idade con antecedentes policiais por feitos similares

Axentes da Policía Nacional Mónica Patxot

Axentes da Policía Nacional identificaron unha muller tras cometer varios furtos nas tendas da zona comercial de Pontevedra.

Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial, os policías atopábanse realizando labores de prevención da seguridade cidadá cando observaron a presenza dunha muller con antecedentes policiais que saía dunha tenda e entraba noutra próxima, de onde saíu novamente cun bolso na man que instantes antes non portaba.

Cando os axentes dispoñíanse a identificala saíu unha das empregadas da primeira tenda que afirmaba que a unha clienta acabábanlle de subtraer a carteira.

De forma espontánea a identificada recoñeceu acabar de subtraer o bolso que entregou aos axentes e nunha mochila metera a carteira subtraída no outro establecemento.

A identificada é unha veciña de Pontevedra de 40 anos de idade con antecedentes policiais por feitos similares.