A praza da Granxa de Campelo prepárase para acoller dúas xornadas de talleres infantís

Poio
17 de agosto 2021

A actividade está dirixida a menores de 12 anos e os interesados deben inscribirse previamente no correo electrónico xuventude@concellodepoio.org

Obradoiros infantís en Poio Concello de Poio

A Concellería de Benestar Social e Mocidade do Concello de Poio ofrece ás familias unha iniciativa deseñada para o goce dos máis pequenos do fogar consistente en talleres en espazos abertos gratuítos que terán lugar na Praza da Granxa de Campelo. 

Estas actividades dirixidas a menores de 12 anos forman parte do programa de verán que organiza esta concellería e que xa se celebrou anteriormente en Combarro. 

A nova entrega está prevista para o día 17 e o 18 en Campelo e os participantes terán a oportunidade de elaborar bonecos, elementos de decoración e mesmo instrumentos musicais.

Os interesados en participar poden facelo solicitando inscribirse no correo xuventude@concellodepoio.org. A semana que vén a actividade realizarase en Raxó.

ENTREGA DE PREMIOS DO VERÁN DEPORTIVO

A concelleira de Deportes, Marga Caldas, acompañada do deputado provincial Gregorio Agís, foi a encargada de realizar a entrega de trofeos durante clausúraa do circuíto provincial Verán en Poio na praia de Lourido, onde se celebraron torneos para federados e afeccionados de volei praia, futvoley e tenis praia.