O Concello de Ponte Caldelas anuncia a recuperación da súa tradicional Festa de Entroido, logo do parón de 2021 pola pandemia.
A Festa do Entroido celebrarase este sábado 26 de febreiro na praza de España de Ponte Caldelas, ao aire libre, e estenderase dende as 17.00 horas ata as 20.00 horas.
Nesta quinta edición, será unha xornada en familia, aberta a todas as idades, na que se anima a pequenos e maiores a ir disfrazados e participar das distintas actividades.
Durante a festa haberá desfile de Entroido, xincana de xogos e un obradoiro de deseño de máscaras protectoras. Haberá animación musical durante as tres horas de festa.