A Praza réndese aos praceres da carne

Pontevedra
28 de febreiro 2014

Cocido, lacón con grelos, caldo, cacheira, filloas, bica, orellas e licor de café, o Entroido tamén entra pola boca. A Praza de Abastos de Pontevedra invita a pecar e este venres as placeras sorprenden os compradores con divertidos disfraces para acompañar os produtos frescos

Cocido, lacón con grelos, caldo, cacheira, filloas, bica, orellas e licor de café, o Entroido tamén entra pola boca.

A Praza de Abastos de Pontevedra invita a pecar e este venres as praceiras sorprenden os compradores con divertidos disfraces para acompañar os produtos frescos.

Gastronomía e entroido fúndense nas mesas dos fogares pontevedreses para dar renda solta aos praceres da carne e a transgresión.

Recén rematada a matanza, os bancais do Mercado énchense coa "cachucha", a "androlla", os chourizos. Sen discusión, o porco é o auténtico rei destas festas.

ADIANTO DA FEIRA DE ESTRIBELA

A concellería de Promoción Económica comunicou aos feirantes que acoden semanalmente ao mercadiño de Estribela o adianto da xornada feirada da próxima semana.

Así, a feira que correspondía ao mércores, día 5, adiántase ao martes, día 4, para evitar a coincidencia co festivo do Mércores de Cinza.

O cambio realízase ao amparo do previsto na Ordenanza Municipal de Venda Ambulante para os casos de coincidencia das xornadas feiradas en festivo.

Arquivado en