Entroido 2014

Desfile do entroido en Ponte Caldelas

Multitudinario desfile de entroido en Ponte Caldelas

15/03/2014
Ponte Caldelas

Multitudinario desfile de entroido en Ponte Caldelas. Máis de 1.000 persoas desfilaron polas céntricas rúas da vila. GAÿADORES: Categoría Infantil, Premio ÿnico: LOS DUENDES Y LAS HADAS DE LA LUDO. Categoría Individual, Premio ÿnico: O VELLO NO ESCUSADO.   Categoría de Grupos: Grupo Moulin Rouge. Grupo Os Miudos. Grupo Pasarela de Roberto Vinde Velo.   Categoría de Comparsas: Os Amoriños de...

PontevedraViva
Desfile de Entroido e concurso de disfraces de Sanxenxo

Unhas mil persoas participarán no desfile de entroido de Ponte Caldelas

13/03/2014
Ponte Caldelas

O desfile de entroido e a verbena que terá lugar este venres, a partir das 21:30 horas, con inicio na rúa José López Boullosa e remate na Alameda, poñerán fin á celebración do Entroido 2014 en Ponte Caldelas. A verbena celebrarase na Alameda de Ponte Caldelas e correrá a cargo da...

PontevedraViva
Desfile de Entroido e concurso de disfraces de Sanxenxo

SOS Panadeira, protagonista do Entroido máis reivindicativo de Sanxenxo

10/03/2014
Sanxenxo

A plataforma cidadá SOS Panadeira protagonizou este domingo de Entroido o desfile e o concurso de disfraces máis reivindicativos dos últimos anos en Sanxenxo, unha cita acompañada polo bo tempo na que se repartiron 7.000 euros en premios. O Rei Juan Carlos; a infanta Elena; a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González:...

Diego Torrado
Enterro de Ravachol 2014

Os pontevedreses apuran o día extra de Entroido nun multitudinario adeus a Ravachol

09/03/2014
Pontevedra

O Entroido 2014 chegou á súa fin. Tras seite días de velorio e un multitudinario enterro, Ravachol converteuse en cinzas este domingo e, con el, a festa da que é o rei indiscutible cada ano. Apagadas as chamas e recollidos os restos, os pontevedreseses xa só poden pensar o disfrace...

Natalia Puga
Natalia Puga
'Os das pistas', gañadores da Mostra da Parodia 2014 con 'A casa do terror'

'Os das pistas' gañan a XIX Mostra da Parodia coa súa casa do terror

08/03/2014
Pontevedra

'Os das pistas' situáronse na zona de Casa Alcalde, na parte traseira do santuario da Peregrina, e durante toda a noite do venres e parte da madrugada do sábado animaron aos pontevedreses coa súa recreación de 'A casa do terror'. Eran un máis dos oito grupos que este Entroido 2014...

Natalia Puga
Natalia Puga

Poio goza o seu Entroido

08/03/2014
Poio

O municipio de Poio celebrou este venres o desfile do Entroido que tivo que ser suspendido o pasado domingo a causa da chuvia. A altas horas da madrugada seguía o baile na explanada da Seca onde os máis marchosos fixeron o fin de festa tras desfilar dende as sete da tarde...

PontevedraViva
Axentes da Policía Local de Pontevedra

Operativo de tráfico con motivo do Desfile do Entroido

06/03/2014
Pontevedra

O próximo sábado 8 de marzo, e con motivo do desfile do Entroido e dada a gran cantidade de público que atrae este evento, tanto de Pontevedra como de fora, a Policía Local de Pontevedra pon en marcha un dispositivo de tráfico co fin de garantir a seguridade viaria e...

PontevedraViva
Enterro da sardiña en Marín

Desfile e enterro da sardiña en Marín, todo nun só día

05/03/2014
Marín

Marín viviu este mércores unha xornada intensa de festa con todo o entroido concentrado nun só día. Así a vila mariñeira gozou do desfile de disfraces e carrozas que debería terse celebrado o domingo e inmediatamente despois, as risas convertéronse en choros pola morte e enterro da sardiña....

Diego Torrado
Concurso infantil de disfraces en Sanxenxo

Os máis pequenos, protagonistas este mércores no Entroido de Sanxenxo

05/03/2014
Sanxenxo

Este mércores de Cinza celebrouse o concurso de disfraces infantil co que ía abrir a celebración do Entroido en Sanxenxo e que foi aprazado polo mal tempo. O desfile partiu ás 17,00 horas da avenida Luis Rocafort e culminou no Porto Deportivo, onde o Concello repartiu máis de 1.000 euros en...

Diego Torrado
Noite pirata

O temporal amaina e permite zarpar aos piratas

05/03/2014
Pontevedra

Tras arruinar a festa infantil, na noite do martes a chuvia deu unha tregua e permitiu zarpar aos piratas polas rúas de Pontevedra. Tres barcos, o Tres mares francés (Trois Mers) e o buque inglés A estrela da mañá (Morning-Star) intentaron dar caza ao Burla Negra, cuxo capitán Benito Soto, sorteou...

Oskar Viéitez
Oskar Viéitez
Festa de entroido na Escola Infantil do Campus de Pontevedra

Invasión extrarrestre na Escola Infantil do campus de Pontevedra

04/03/2014
Pontevedra

Os extraterrestres tomaron o campus de Pontevedra. Alieníxenas de dous e tres anos camparon ás súas anchas este martes pola Escola Infantil, á que acoden principalmente os fillos de alumnos, profesores e persoal de servizo da Universidade de Vigo. Pero tranquilos, todo formaba parte da festa do entroido organizada no...

Mónica Patxot
Murga Os Garoulos

A primeira eliminatoria de Murgas desborda o aforamento do Pazo da Cultura

04/03/2014
Pontevedra

Os grupos Os do Val do Lérez. Sincronizadas olímpicas de Pontevedra, Don Jo-Don, Os da Baiuca, Os de Noalla, Os Garoulos e a Murga do Naveiro presenta Circogénesis foron os encargados de iniciar o Concurso de Murgas de 2014 que volveu rexistrar un cheo absoluto no patio de butacas do...

PontevedraViva
Presentación do Loro Ravachol do Entroido 2014 na Praza da Peregrina

Coidado onde aparcades! Xa está aquí Ravachol, o 'ollomóbil' de Pontevedra

03/03/2014
Xeral

Como cada Luns de Entroido, Ravachol renace das súas cinzas para reclamar o seu protagonismo no Entroido da súa cidade, Pontevedra. E este ano, os afiados dardos da súa retranca diríxense ao goberno municipal. E máis concretamente contra o proxecto de 'ollomóbil', o vehículo da Policía Local que controlará as...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot

Ponte Caldelas apraza ata o 14 de marzo o seu desfile de entroido debido á chuvia

03/03/2014
Ponte Caldelas

A choiva segue estragando os plans do Entroido na comarca de Pontevedra. O temporal previsto para este martes obrigou ao Concello de Ponte Caldelas a aprazar unha das súas principais citas desta festa, a tradicional verbena e desfile de entroido. Debido á apertada axenda noutros municipios veciños, pasará a celebrarse...

PontevedraViva
Filloas, doce típico do Entroido

Cada pontevedrés gastará 6,25 euros en lacón con grelos e filloas

03/03/2014
Pontevedra

Cada pontevedrés gastará unha media de 6,25 euros en alimentación típica de Entroido, en especial en lacón con grelos, fillos e orellas. ÿ o resultado dunha enquisa realizada pola Federación Provincial de Comercio de Pontevedra sobre a intención de gasto por habitante durante os días de festas. A enquisa sitúa a...

PontevedraViva

ÿxito de participación na Festa infantil de Entroido en Ponte Caldelas

02/03/2014
Ponte Caldelas

Decenas de nenos participaron na Festa de Entroido Infantil que este domingo 2 de marzo se celebrou no Colexio Cordo Boullosa no concello de ponte Caldelas, debido ao mal tempo. Os pequenos mostraron os seus disfraces e participaron nas actividades de animación sociocultural. O Concello ten previsto que o martes 4 de...

PontevedraViva

Moito humor festeiro, a pesar do mal tempo, no pregón de Serxio Pazos en Marín

02/03/2014
Marín

O coñecido actor e humorista Serxio Pazos puido enfrontarse á chuvia e ofrecer un divertido pregón ante os membros da corporación de Marín e o público que encheu o Salón de plenos do Concello. Varias comparsas achegáronse ata a Casa do concello e numerosos nenos destas agrupacións rodearon, durante a súa...

Manu Cillán

Aprazados os desfiles de Entroido de Marín e Poio

02/03/2014
Marín

O mal tempo que afecta ás Rías Baixas durante este fin de semana continúa obrigando a suspender os actos festivos previstos nas distintas localidades con motivo da celebración do Entroido. Desta forma, o Concello de Marín comunicou que se suspende o Gran Desfile de disfraces e carrozas previsto para as 17.00...

PontevedraViva
Entroido infantil en Marín

O Pavillón da Cañota disfrázase de fantasía infantil

02/03/2014
Marín

A chuvia e o vento non impediron que decenas de nenos, acompañados polos seus pais, se achegasen durante este sábado 1 de marzo ata o Pavillón da Cañota de Marín para participar do desfile infantil organizado polo Concello. Ante o elevado número de comparsas decidiuse trasladar a festa ata o pavillón,...

PontevedraViva
Murga 'PTV Penitentes de Toda la Vida', gañadores do certame 2013

Once agrupacións participarán esta semana no Concurso de Murgas

01/03/2014
Xeral

O luns ás 21.00 horas comezará no Pazo da Cultura unha das citas máis esperadas das Festas do Entroido como é o Concurso de Murgas no que, nesta edición, participarán once agrupacións. Este sábado desenvolveuse o sorteo na Concellaría de Festas para decidir os grupos que actuaban en cada unha...

PontevedraViva

Nove axencias que programan circuítos de Entroido coñecerán a festa de Cobres

01/03/2014
Vilaboa

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia mostrará representantes de axencias de viaxe especializadas en programar circuítos turísticos relacionados co carnaval as características do Entroido de Cobres protagonizado polas madamas e galáns. O próximo martes 4, os nove integrantes destas axencias achegaranse pola parroquia do concello de...

PontevedraViva

O Desfile de Entroido de Pontevedra aprázase para o vindeiro sábado 8

01/03/2014
Pontevedra

O mal tempo provocou que se suspenda o Desfile de Entroido previsto para este sábado 1 de marzo. A concellaría de Fiestas decidiu trasladalo ao sábado 8 de marzo. A pesar de que a concelleira Carme da Silva manifestara, nos días previos, a súa intención de que se celebrase o programa...

PontevedraViva
Pregón do Entroido de Os de Sempre

'Os de Sempre' abren cunha parodia o "mellor Entroido de Galicia"

01/03/2014
Pontevedra

A praza da Verdura acolleu o arranque do Entroido 2014 cunha mostra do mellor humor da agrupación ' Os de Sempre', protagonistas destas festas en Pontevedra dende que hai 46 anos xurdía nos bailes de fachas que se organizaban no Casino Mercantil. Durante o pregón, 'Os de Sempre', liderados por...

PontevedraViva

A Praza réndese aos praceres da carne

28/02/2014
Pontevedra

Cocido, lacón con grelos, caldo, cacheira, filloas, bica, orellas e licor de café, o Entroido tamén entra pola boca. A Praza de Abastos de Pontevedra invita a pecar e este venres as praceiras sorprenden os compradores con divertidos disfraces para acompañar os produtos frescos. Gastronomía e entroido fúndense nas mesas dos fogares...

Oskar Viéitez

O Entroido e Santo Anxo enchen de festa Cotobade

28/02/2014
Cerdedo Cotobade

A Romaría do Santo Anxo celebrarase o primeiro domingo do mes de marzo, coincidindo este ano co concurso e festival de Entroido que tamén será ese día dous no pavillón de Carballedo. Esta celebración conta xa con mais de 120 anos, organizada sempre polos veciños do lugar, sendo un punto importante...

PontevedraViva

Consumo vixía a seguridade de disfraces e outros produtos de Entroido

27/02/2014
Pontevedra

O Instituto Galego de Consumo, está a desenvolver unha campaña específica de información e control destinada a garantir a seguridade nas compras de produtos como disfraces e máscaras cuxa venda se intensifica durante a tempada de entroido. Así, estanse a intensificar as inspeccións nos establecementos para comprobar que os artigos que...

PontevedraViva

17 comparsas participarán no desfile infantil del Entroido de Marín

26/02/2014
Marín

O Concello de Marín pechou o prazo para a inscrición de comparsas que van participar no desfile infantil do Entroido. Serán 17 comparsas que estarán integradas por un mínimo de 20 nenos e nenas e interpretarán cancións acompañadas por calquera instrumento musical, tal e como establecen as bases. Os participantes terán...

PontevedraViva
Madamas e galáns

Catro séculos de Entroido percorren o centro histórico

23/02/2014
Pontevedra

O famoso 'Entroido de Cobres', declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, paseou este sábado polas rúas do centro histórico de Pontevedra. As 'madamas' e os 'galáns' das parroquias vilaboenses de San Adrián e Santa Cristina, mostraron con orgullo os seus orixinais traxes pertencentes a un entroido de raíces medievais moi...

Oskar Viéitez
TapaLacón de Cuntis 2014

Cuntis: A odisea do lacón e a apoteose do grelo

23/02/2014
Umia

Difícil vaino ter o público para elixir este ano a mellor tapa de Cuntis. Os doce establecementos concursantes tomáronse moi en serio o TapaLacón con propostas elaboradas con esmero para que os clientes degusten a mellor tapa de xeito gratuíto. Veciños e visitantes de Cuntis están a gozar de creacións culinarias do...

Oskar Viéitez
Diego Torrado

Pelexa de galos no Entroido de Poio

22/02/2014
Poio

Dous galos, o Bruxo e Fodorico, rivalizan no Entroido de Poio que arrancará o primeiro domingo do mes de marzo con dous desfiles. Por un lado o Galo Bruxo percorrerá a parroquia de Samieira. Será ás 12.00 horas con saída en Arén e remate no campo de fútbol de Río de...

Oskar Viéitez
Presentación do cartel do Entroido 2014 no Concello de Marín

Sergio Pazos será o pregoeiro do Entroido marinense

22/02/2014
Marín

Marín atopou por fin ao pregoeiro do seu entroido. O actor galego Sergio Pazos foi o elixido polo goberno municipal. Así se revelou na reunión da comisión de festas na que se ultimaron os últimos detalles sobre todas as actividades que formarán parte da programación de Entroido 2014, que tamén...

PontevedraViva

12 locais participan na quinta edición do 'Tapalacón' de Cuntis

20/02/2014
Umia

A xeito de quecemento para o entroido e tamén para a XVII edición da Festa do Lacón con Grelos, Cuntis organiza este fin de semana, dende o venres 21 ata o domingo 23 de febreiro, o quinto 'Tapalacón'. Un total de 12 locais de hostalaría da centro urbano involúcranse nun evento no...

PontevedraViva

Sanxenxo apura os preparativos do entroido

16/02/2014
Sanxenxo

A concellaría de Cultura de Sanxenxo deu a coñecer o programa do Entroido 2014, que encherá de actividades o municipio entre os días 2 e 9 de marzo. Desfiles, talleres lúdicos e parodias protagonizarás unhas xornadas dirixidas a todos os públicos e que arrancarán o domingo 2 cun día protagonizado polos...

PontevedraViva

Anticipo carnavalesco en Pontevedra cos 'Xenerais da Ulla'

16/02/2014
Pontevedra

O entroido achégase e Pontevedra, aínda que timidamente, empeza a contaxiarse desta especial celebración. Aínda que o Rei Urco non inaugurará oficialmente o Entroido 2014 ata o próximo 28 de febreiro, as rúas da cidade recibiron a visita este domingo dos 'Xenerais da Ulla' (Merza) dentro da tradicional representación dos diferentes...

PontevedraViva
Os 'Xenerais da Ulla', nun dos seus recentes entroidos

Os 'Xenerais da Ulla' marcharán sobre Pontevedra para animar o Entroido na cidade

11/02/2014
Pontevedra

O Entroido pontevedrés está xa á volta da esquina. Para animar á cidade a disfrazarse, Pontevedra volve celebrar a súa tradicional Mostra de entroidos de Galicia. A primeira actuación será este domingo 16 de febreiro, a partir das 12.00 horas a cargo dos Xenerais da Ulla (Merza) que farán un...

PontevedraViva

Dez mil euros en premios para o Entroido de Marín

10/02/2014
Marín

A concellaría de Cultura do Concello de Marín abriu o prazo para anotarse no Entroido 2014 e participar nos desfiles que terá lugar eses días, para os que se destinarán máis de dez mil euros para repartir en premios. Ao igual que en anos anteriores, as inscricións faranse no Museo Manuel...

Oskar Viéitez
As tradicionais 'madamas' do entroido de Cobres (Vilaboa)

Ravachol e as 'madamas' e os 'galáns' de Cobres enchen de cor a Praza do Obradoiro

09/02/2014
Pontevedra

As 'madamas' e os 'galáns' son as figuras máis recoñecidas do entroido de Vilaboa. Cada ano saen ás rúas das parroquias de Santa Cristina e San Adrián de Cobres para protagonizar o seu tradicional baile. Pero desta vez cambiaron por un día a súa vila natal e desprazáronse a Santiago...

PontevedraViva

Así será o Entroido de Marín

07/02/2014
Marín

O programa do entroido de Marín vai collendo forma. A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, reuniuse coa Comisión de Festas e as distintas asociacións que colaboran no desenvolvemento das actividades do Entroido para este ano 2014 en Marín ademais dos responsables na Biblioteca e o Museo co obxectivo de planificar todas...

PontevedraViva
Desfile de Carnaval

Ponte Caldelas destinará 2.370 euros aos premios do desfile de entroido

07/02/2014
Ponte Caldelas

O desfile de comparsas e grupos que se celebra o martes de entroido en Ponte Caldelas cumpre xa o seu décimo primeira edición. Consolídase así como unha das citas máis importantes do Carnaval para todas as comparsas da comarca. Nesta ocasión, destinaranse un total de 2.370 euros en premios para...

PontevedraViva
Os de Sempre, coa concelleira de Festas, Carme da Silva

Os de Sempre, pregoeiros do Entroido 2014

04/02/2014
Pontevedra

Os de Sempre é unha das agrupaciones máis activas no carnaval pontevedrés. Levan participando nel desde 1968 "cando aínda non se celebraba na rúa, senón no Casino Mercantil", explicaba un dos seus fundadores, Carlos Mouriño. Por iso, o Concello de Pontevedra elixiunos para ser os pregoeiros do Entroido 2014. Relevan...

Alejandro Espiño