O temporal amaina e permite zarpar aos piratas

Pontevedra
05 de marzo 2014

Tras arruinar a festa infantil, na noite do martes a chuvia deu unha tregua e permitiu zarpar aos piratas polas rúas de Pontevedra. As comparsas Os da Caña, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os Canecos, Os Paparrulos, Amoriños de Bora, A Esmorga, Val do Lérez, Clave de Sol e Vamos a Todo tamén se sumaron a esta noite de festa que viviu a súa terceira edición

Noite pirata
Noite pirata / Diego Torrado

Tras arruinar a festa infantil, na noite do martes a chuvia deu unha tregua e permitiu zarpar aos piratas polas rúas de Pontevedra.

Tres barcos, o Tres mares francés (Trois Mers) e o buque inglés A estrela da mañá (Morning-Star) intentaron dar caza ao Burla Negra, cuxo capitán Benito Soto, sorteou habilmente as emboscadas polas rúas da súa cidade.

A encarnizada batalla final librouse na praza da Ferrería ante centenares de divertidos cidadáns como testemuñas.

As comparsas Os da Caña, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os Canecos, Os Paparrulos, Amoriños de Bora, A Esmorga, Val do Lérez, Clave de Sol e Vamos a Todo tamén se sumaron a esta noite de festa que viviu a súa terceira edición.

Arquivado en