Operativo de tráfico con motivo do Desfile do Entroido

Pontevedra
06 de marzo 2014

O próximo sábado 8 de marzo, e con motivo do desfile do Entroido e dada a gran cantidade de público que atrae este evento, tanto de Pontevedra como de fora, a Policía Local de Pontevedra pon en marcha un dispositivo de tráfico co fin de garantir a seguridade viaria e o desenrolo do mesmo

Axentes da Policía Local de Pontevedra
Axentes da Policía Local de Pontevedra / Mónica Patxot

O próximo sábado 8 de marzo, e con motivo do desfile do Entroido e dada a gran cantidade de público que atrae este evento, tanto de Pontevedra como de fora, a Policía Local de Pontevedra pon en marcha un dispositivo de tráfico co fin de garantir a seguridade viaria e o desenrolo do mesmo.

CORTES DE TRÁFICO

Os cortes de tráfico terán a mínima duración, de tal xeito que a apertura farase a medida que transcorra o desfile e a limpeza viaria.

Procederase ao corte de tráfico nas rúas Xosé Malvar (dende o cruce coa rúa A Seca ata a rotonda de Loureiro Crespo), Doutor Loureiro Crespo, Benito Corbal, Michelena, Praza de España, Alameda (tramo entre Praza de España e Rúa Echegaray) e as rúas adxacentes (Cobian Areal, Casimiro Gómez, Lepanto e Xavier Puig ).

Os cortes de tráfico faranse a partir das 16:30 horas, excepto Xosé Malvar (lugar de concentración das carrozas) que poderá cortarse antes (aproximadamente ás 15:00 horas).

PROHIBIDO O ESTACIONAMENTO

Co fin de garantir a seguridade viaria prohíbese o estacionamento en todas as rúas por onde transcorrera o desfile. A rúa Xosé Malvar dende o sábado a partir das 08:00 horas, Doutor Loureiro Crespo e Benito Corbal a partir das 12:00 horas e a rúa Echegaray (marxe esquerdo) a partir das 15:00 horas.

Dende o mércores 26 o Concello de Pontevedra colocará o valado coa sinalización de prohibido o estacionamento.

A partir das horas sinaladas procederase ao traslado dos vehículos co guindastre.

OPERATIVO TRÁFICO

Na previsión dunha gran afluencia de vehículos a Policía Local de Pontevedra prestará especial atención as entradas e saída da cidade, e se fora necesario e co fin de garantir a máxima fluidez do tráfico con desvíos puntuais (Ponte dos Tirantes; Rotonda San Roque: Paseo Colón con Raíña Vitoria; Eduardo Pondal con Uxío Novoneira; Otero Pedrayo con Eduardo Pondal).

VÍAS ALTERNATIVAS TRÁFICO

Acceso e saída Avenida de Lugo (dirección Ourense)

  • Cara Ponte dos Tirantes: Rotonda Montecelo, Rúa da Pomba, Santa Margarita A Seca, Xosé Malvar, Ponte dos Tirantes. Esta saída e entrada pódese ver afectada pola ocupación das carrozas na rúa Xosé Malvar o que provocará desvíos puntuais a través de Avenida Bos Aires cara Monte Porreiro.
  • Zona Este: Avenida de Lugo, Xoán Carlos I. Saída e entrada pola nova ponte dos Xulgados. (O tráfico procedente de doce de Novembro cara Xosé Malvar, serán desviados pola rúa Estrada cara a Xoan Carlos I).


Acceso zona Norte e Oeste: por las Avenidas Orillamar: Avenida Marín, Corbaceiras, Uruguay, Avenida de Compostela, Paseo de Domingo Fontán.

Saída cara a Poio:

  • Avenidas Orillamar: Corbaceiras, Uruguay, Jofre de Tenorio e Alfonso XIII.
  • Ponte de Santiago, Avenida Compostela, Xoán Manuel Pintos e Paseo Domingo Fontán: Recomendase a utilización da A-9 como alternativa de acceso e saída da cidade.


APARCADOIROS EN SUPERFICIE DE BALDE

A Policía Local de Pontevedra recomenda a utilización dos aparcadoiros en superficie e de balde das zonas de Xoán Manuel Pintos (Pavillón de Deportes), explanada Recinto Feiral e o Peirao das Corbaceiras.

Arquivado en