Anticipo carnavalesco en Pontevedra cos 'Xenerais da Ulla'

Pontevedra
16 de febreiro 2014

Trátase da primeira representación dos entroidos de Galicia para quentar motores de cara a unha celebración que arranca oficialmente o venres 28 de febreiro

O entroido achégase e Pontevedra, aínda que timidamente, empeza a contaxiarse desta especial celebración.

Aínda que o Rei Urco non inaugurará oficialmente o Entroido 2014 ata o próximo 28 de febreiro, as rúas da cidade recibiron a visita este domingo dos 'Xenerais da Ulla' (Merza) dentro da tradicional representación dos diferentes carnavais de Galicia.

Os xenerais e correos a cabalo, característicos desta Festa de Interese Turístico de Galicia, paseáronse por Pontevedra acompañados de abandeirados, coros e comparsas como preludio ao que está por chegar.

A próxima semana, concretamente o sábado 22, será a quenda das Madamas e Galáns de Cobres.

Arquivado en