Moito humor festeiro, a pesar do mal tempo, no pregón de Serxio Pazos en Marín

Marín
02 de marzo 2014

O popular actor e humorista foi o protagonista da lectura do pregón desta edición do Entroido, que estivo marcada pola presenza de comparsas na Casa Consistorial

O coñecido actor e humorista Serxio Pazos puido enfrontarse á chuvia e ofrecer un divertido pregón ante os membros da corporación de Marín e o público que encheu o Salón de plenos do Concello.

Varias comparsas achegáronse ata a Casa do concello e numerosos nenos destas agrupacións rodearon, durante a súa intervención, o pregoeiro, que se disfrazou para a ocasión lucindo un traxe negro de tirantes e unha perruca branca. Tamén a alcaldesa de Marín, María Ramallo, e algúns dos concelleiros que participaron no acto vestíronse con disfraces para a ocasión.

Este acto evitou a suspensión de todas as actividades da programación do Entroido para este domingo xa que o desfile se trasladou para o mércores 5 ás 17 horas, antes do Enterro da Sardiña

Arquivado en