Cuntis: A odisea do lacón e a apoteose do grelo

Umia
23 de febreiro 2014

Difícil vaino ter o público para elixir este ano a mellor tapa de Cuntis. Os doce establecementos concursantes tomáronse moi en serio o TapaLacón con propostas elaboradas con esmero para que os clientes degusten a mellor tapa de xeito gratuíto

TapaLacón de Cuntis 2014
TapaLacón de Cuntis 2014 / Diego Torrado

Difícil vaino ter o público para elixir este ano a mellor tapa de Cuntis.

Os doce establecementos concursantes tomáronse moi en serio o TapaLacón con propostas elaboradas con esmero para que os clientes degusten a mellor tapa de xeito gratuíto.

Veciños e visitantes de Cuntis están a gozar de creacións culinarias do máis variado, dende as sofisticadas creacións ata as máis sinxelas, todas elas co lacón e os grelos coma protagonistas. Con cada consumición entréganse dúas tapas.

Consomé de verduras, filloa de grelo, tortilla de grelos e gambas, pastel de grelos con chourizo, ensalada de lentellas con lacón, empanada de millo con grelos e queixo de Cuntis, tosta de queixo con lascas de lacón e revolto de pan de millo, doce de grelos con queixo da terra, bolos de pote con salsa de grelos, alpargata, petit choux de lacón con grelos, ventos de Entroido.

Cartilla en man os consumidores van puntuando cada pincho e indicando cal é o seu preferido nesta quinta edición. O resultado coñecerase o domingo.

Arquivado en