A previsión de chuvia pon en perigo as procesións de Semana Santa

Pontevedra
26 de marzo 2018

Para os vindeiros días, agárdase unha alternancia entre ceos moi nubrados e ceos con nubes e claros. A partir do mércores agárdase que as precipitacións sexan frecuentes

Semana Santa condicionada pola chuvia
Semana Santa condicionada pola chuvia / Juan Mejuto
Previsión meteorolóxica de Semana Santa /

Para o inicio da Semana Santa, nos vindeiros días, agárdase unha alternancia entre ceos moi anubrados e ceos con nubes e claros.

Este luns e o martes espéranse temperaturas baixas, entre os 6 e os 16 graos, pero as precipitacións chegarán a partir do mércores, día no que se esperan as chuvias máis intensas pola tarde.

A partir do xoves, coincidindo cos días festivos da Semana Santa, Pontevedra quedará na influencia das borrascas atláticas, con ventos do suroeste predominantemente. As chuvias serán constantes durante os últimos días da semana, segundo a previsión de MeteoGalicia.

As temperaturas seguen na mesma línea, con unha lixeira subida das mínimas, sendo normais para esta época do ano.

Por isto, para aqueles que se queden na cidade, serán unhas vacacións pasadas por auga, algo que será xeneralizado en toda a provincia.