A primeira fin de semana de peche perimetral sáldase sen sancións en Poio

Poio
02 de novembro 2020

La Policía Local controló a más de un millar de vehículos entre el viernes y el domingo para informar acerca de las restricciones y conocer el motivo del desplazamiento a aquellos que querían entrar o salir del perímetro

Control da Policía Local de Poio na Avenida de Andurique
Control da Policía Local de Poio na Avenida de Andurique / Concello de Poio

A Policía Local de Poio controlou a preto dun milleiro de vehículos durante a pasada fin de semana no marco dun operativo para velar polo cumprimento das novas medidas restritivas adoptadas pola Xunta de Galicia para tratar de frear a propagación da covid-19 e que inclúe o peche perimetral de Poio, Marín e Pontevedra.

Explican desde o corpo de seguridade municipal que a media diaria de tránsitos validados foi superior a 300, sendo o venres o día de maior afluencia especialmente en puntos como a rotonda da Barca.

Os axentes centráronse especialmente en tarefas de información e en verificar que os condutores contaban coa debida xustificación para desprazarse por motivos de sanidade ou coidado de persoas, entre outras excepcións que recolle o DOG.

No partado de incidencias destaca a presenza duns veciños de Carballo que o venres pretendían chegar a Combarro pero víronse obrigados a regresar. Ademais os axentes tamén atenderon a unha parella inglesa con reserva nunha casa rural de Poio aos que lle aconsellaron contactar coa Xunta e buscar aloxamento noutro municipio libre de restricións.

Nestes primeiros días non se tramitou ningunha sanción por incumprimento, feito que tabién repetiuse nos cemiterios. Os veciños seguiron as directrices marcadas no dispositivo de seguridade do Concello. "Unha vez máis a veciñanza está a amosar un comportamento máis que exemplar", agradeceu o alcalde, Nito Sobral.