A princesa Leonor recibirá formación militar na Escola Naval de Marín

Marín
31 de agosto 2022

A princesa Leonor, do mesmo xeito que fixo o seu pai, recibirá formación militar na Escola Naval de Marín. O seu adestramento, que o levará tamén por outras academias castrenses, comezará no outono de 2023, cando a herdeira real cumprirá dezaoito anos

A princesa Leonor Casa Real

A princesa Leonor, do mesmo xeito que fixo o seu pai, recibirá formación militar na Escola Naval de Marín. O seu adestramento, que o levará tamén por outras academias castrenses, comezará no outono de 2023, cando a herdeira real cumprirá dezaoito anos.

El País Semanal ha desvelado que, cando complete os seus estudos de bacharelato en Gales, a princesa deberá recibir este adestramento militar. 

Así, acudirá á academia do Exército do Aire, en San Javier (Murcia) e á do Exército de Terra, en Zaragoza. Este periplo concluirá en Galicia, na Escola Naval de Marín, onde ingresará como gardamariña.

Ao terminar embarcarase, como o rei Felipe VI durante a súa instrución, no buque escola Juan Sebastián Elcano, participando na súa navegación por todo o mundo.

Dentro da súa preparación para converterse na futura raíña de España, non será ata 2024 cando a princesa Leonor inicie os seus estudos universitarios.

Segundo esta mesma publicación, cursará unha carreira que terá Dereito como columna vertebral, previsiblemente, na Universidade Autónoma de Madrid. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora