Cúmprense oitenta anos da inauguración da Escola Naval de Marín

Marín
15 de agosto 2023

O 15 de agosto de 1943 inaugurábase oficialmente a Escola Naval Militar de Marín como primeiro centro escolar de Oficiais da Armada Española, despois de ser trasladada desde a súa anterior localización na Poboación Naval de San Carlos, San Fernando, Cádiz

O Príncipe Felipe acompañado polo seu pai e avó na Escola Naval de Marín
O Príncipe Felipe acompañado polo seu pai e avó na Escola Naval de Marín

O 15 de agosto de 1943 inaugurábase oficialmente a Escola Naval Militar de Marín como primeiro centro escolar de Oficiais da Armada Española, despois de ser trasladada desde a súa anterior localización na Poboación Naval de San Carlos, San Fernando, Cádiz.

Tanto o rei Felipe VI como o seu pai Juan Carlos I realizaron parte da súa formación militar nesta Escola do mesmo xeito que fará a princesa Leonor no curso 2024-2025.

A Escola Naval de Marín inaugurouse nun acto presidido polo entón Xefe do Estado, Francisco Franco, acompañado do ministro de Mariña, Salvador Moreno.

A orixe da Escola Naval Militar remóntase ata o ano 1717, cando Felipe V encargou a José Patiño a creación da Real Compañía de Guardiamarinas para dotar aos futuros oficiais da mariña de guerra dunha formación mixta científico-práctica. Tivo o seu primeiro emprazamento en Cádiz, no castelo da vila, por ser o principal porto de recalada das frotas de indias.

Ao longo destes máis de trescentos anos a localización desta Real Compañía de Guardiamarinas pasou por diferentes lugares. Localidades como, Ferrol, Cartaxena e San Fernando. Como curiosidade, en 1871 convértese en Escola Naval Flotante, a bordo da Fragata Asturias con base en Ferrol.

Os actos para celebrar estas oito décadas na vila de Marín terán lugar o próximo mes de setembro.