A procesión da Virxe das Dores estrea a Semana Santa nas rúas de Pontevedra

Pontevedra
01 de abril 2023
Actualizado: 12 de marzo 2025

Foi esta a terceira ocasión na que a Confraría de Nuestra Señora del Amor Hermoso procesiona esta imaxe na véspera do período Pascual.

Procesión da Virxe das Dores
Procesión da Virxe das Dores

A procesión da Virxe das Dores percorreu este venres as rúas de Pontevedra.  

Foi esta a terceira ocasión na que a Confraría de Nuestra Señora del Amor Hermoso procesiona esta imaxe na véspera do período Pascual.

Ás oito da tarde saíu da igrexa de San José de Campolongo para percorrer a praza da Constitución, a praza de Galicia, a rúa Andrés Muruáis, Peregrina ata a praza da Peregrina onde tivo lugar o sermón antes de regresar ao punto de saída. 

A Confraría da Nuestra Señora del Amor Hermoso celebra este ano o 25 aniversario da súa constitución, sendo por tanto a mais "nova" da Semana Santa da cidade.

Habitualmente desfila sempre en primeiro lugar das distintas procesións nas que participa os días de Xoves Santo e Venres Santo co seu hábito composto por unha túnica morada, cíngulo branco, capuz morado, capa branca, luvas brancas e varal con farol.