A reforma integral do parque da Praza de Europa continúa coa mellora do pavimento

Pontevedra
24 de abril 2021

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, dirixida por Iván Puentes, contiúa coa mellora da zona de xogos da Praza de Europa. A área de lecer do barrio de Monte Porreiro, dotada cunha tirolina de máis de 20 metros, mellorou nestes días o pavimento da súa contorna

Reforma do parque da Praza de Europa
Reforma do parque da Praza de Europa / Concello de Pontevedra

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, dirixida por Iván Puentes, contiúa coa mellora da zona de xogos da Praza de Europa. A área de lecer do barrio de Monte Porreiro, dotada cunha tirolina de máis de 20 metros, mellorou nestes días o pavimento da súa contorna.

Esta última obra foi executada cun orzamento de 9.357,15 euros e supón a optimización do firme cunha achega de terra vexetal e a delimitación da rede de sendas internas mediante bordos de formigón.

Trátase do pistoletazo de saída dun plan de reforma integral de todo o parque, no que tamén contemplan a creación dunha nova pista polideportiva e renovación de todo o mobiliario.

Así o avanzou este sábado o concelleiro socialista Iván Puentes, quen subliñou que estas últimas actuacións son "a antesala dun ambicioso proxecto de axardinamento e mellora paisaxística de todo o parque", no que se investirán arredor de 60.000 euros.

A esta cifra hai que sumarlle os case 40.000 investidos, o que supón un esforzo económico de 100.000 euros 

Dentro da reforma tamén está contemplada a dotación dun sistema de rega nos xardíns que rodean o parque, a plantación de arborado e planta arbustiva e a substitución dalgúns exemplares en mal estado.