A Regata Internacional Xacobeo de piragüismo obriga a pechar ao tráfico un tramo da avenida Bos Aires

Pontevedra
17 de xuño 2021

Este sábado 19 de xuño con motivo da celebración da proba deportiva Regata Internacional Xacobeo de piragüismo, pecharase ao tráfico a avenida Bos Aires, no tramo comprendido entre a ponte dos Tirantes e a ponte das Palabras. Este peche comezará ás 7:30 horas e será contínuo ata as 21.00 horas

Ponte dos Tirantes Juan Mejuto

Este sábado 19 de xuño celébrase a proba deportiva Regata Internacional Xacobeo de piragüismo na contorna do río Lérez. Debido a esta previsión, o Concello de Pontevedra anuncia o peche ao tráfico durante esa xornada da avenida Bos Aires, no tramo comprendido entre a ponte dos Tirantes e a ponte das Palabras. 

O peche está previsto que se inicie ás 07.30 horas e manterase ata que termine a proba, ao redor das 21.00 horas.

Permitirase a libre circulación de vehículos procedentes da Rúa do Mare cara á ponte dos Tirantes pola avenida Bos Aires. Tamén está previsto que se poida circular polas vías interiores da antiga parcela da fábrica Tafisa.

Os residentes no tramo pechado da avenida de  Bos Aires poderán acceder e saír pola Rúa do Mare e pola avenida Bos Aires indistintamente, segundo informan desde o goberno local.