A rehabilitación da casa consistorial interesa a tres empresas

Pontevedra
12 de decembro 2021

Copcisa ou a UTE Prace-Emergis, por lado, e Ramírez-Revivis polo outro. Unha das tres será a encargada de transformar a vella casa consistorial da Praza de España nun edificio moderno, accesible e aberto á cidadanía de Pontevedra

Visita do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e Anabel Gulías á antiga Casa do Concello de Pontevedra
Visita do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e Anabel Gulías á antiga Casa do Concello de Pontevedra / Mónica Patxot

Copcisa ou a UTE Prace-Emergis, por lado, e Ramírez-Revivis polo outro. Unha das tres será a encargada de transformar a vella casa consistorial da Praza de España nun edificio moderno, accesible e aberto á cidadanía de Pontevedra.

Estas son as tres propostas que recibiu o Concello para executar o proxecto de rehabilitación integral deste nobre edificio, obras que saíron a contratación por 1,36 millóns de euros e cun prazo de execución de doce meses.

Nesta primeira fase do proceso, os pregos obrigaban ás empresas interesadas na adxudicación a ter unha certificación específica para rehabilitación de edificios históricos.

Nas vindeiras semanas será realizada a valoración técnica de cada proposta, para logo abrir as ofertas económicas coa intención de realizar unha ponderación entre ambos factores e escoller a proposta de adxudicación final.

O Concello agarda que este proceso poida rematar mesmo antes de que remate este ano.

Desde o goberno municipal recordan que tras esta rehabilitación, esta reformada casa consistorial será a casa de todos os veciños e veciñas da cidade e para iso terá unha funcionalidade múltiple, destinada non só a usos institucionais, senón tamén a se converter nun gran centro social.