A rehabilitación integral do IES Illa de Tambo implica un investimento de máis dun millón de euros

Marín
04 de setembro 2019

A actuación, que forma parte do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas da Xunta de Galicia, supón un aforro do 72,60% no consumo de enerxía primaria non renovable e do 80,20% en emisións de CO2

Visita da conselleira de Educación, Carmen Pomar, ás obras do IES Illa de Tambo
Visita da conselleira de Educación, Carmen Pomar, ás obras do IES Illa de Tambo / Xunta de Galicia

Carmen Pomar, concelleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, visitou durante a mañá deste mércores o IES Illa de Tambo de Marín con motivo das obras de rehabilitación integral que se están realizando nel.

Durante a visita, a concelleira destacou as accciones que inclúe o plan de mellora do instituto. Por unha banda, para mellorar a eficiencia enerxética estase illando a fachada, renovando o illamento das cubertas no edificio administrativo e no aulario, e revestíndose o interior das fachadas e da cuberta do ximnasio.

Tamén estanse cambiando as xanelas, intalándose novas persianas con illamento, renovándose a iluminación con equipos de alta eficiencia enerxética e instalándose unha nova sala de caldeiras de biomasa.

Con respecto ás melloras funcionais, estanse sustituíndo os falsos teitos en mal estado, limpiando e pintando os pavimentos interiores e mellorando as instalacións de electricidade. Así mesmo, estase construíndo unha rampla de acceso ao ximnasio para mellorar a accesibilidade.

A actuación, que forma parte do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas da Xunta de Galicia, supón un investimento de máis dun millón de euros e un aforro do 72,60% no consumo de enerxía primaria non renovable e do 80,20% en emisións de CO2.