A residencia DomusVi de Ribadumia rexistra outros 9 usuarios e 3 traballadores positivos por covid

O Salnés
04 de novembro 2020

Os casos positivos entre os usuarios de residencias con Covid-19 en Galicia aumentaron a 446, o que supón 14 máis que os contabilizados este martes. Entre outros os 9 novos contaxiados na DomusVi Ribadumia

Unha persoa maior collendo un bastón
Unha persoa maior collendo un bastón / Xunta de Galicia

Os casos positivos entre os usuarios de residencias con Covid-19 en Galicia aumentaron a 446, o que supón 14 máis que os contabilizados este martes. Entre outros os 9 novos contaxiados na DomusVi Ribadumia.

Así consta nos datos actualizados este mércores polas Consellerías de Política Social e Sanidade con rexistros ata a tarde do martes, nos que se apuntan 8 altas de usuarios en toda Galicia.

Deste xeito, a residencia de maiores de Ribadumia acumula 68 casos.

Mentres hai outros 8 casos na residencia Nosa Señora Valvanera de Cambados.

Pola súa banda, os traballadores contaxiados con coronavirus aumentan a 250 con respecto ao martes, entre eles, os tres detectados na DomusVi Ribadumia que acumula xa 27 afectados entre o seu persoal.

Con 10 está a residencia Nosa Señora Valvanera de Cambados.