A residencia DomusVi de Ribadumia suma xa 32 contaxios de covid-19: oito traballadores e 24 usuarios

Pontevedra
31 de outubro 2020

O balance diario realizado pola Xunta de Galicia sobre a incidencia da covid-19 nos centros residenciais inclúe este sábado novos contaxios na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. En concreto, un traballador da residencia de maiores Ballesol de Poio e 4 usuarios e 3 traballadores da residencia de maiores DomusVi de Ribadumia

Residencia DomusVi en Ribadumia
Residencia DomusVi en Ribadumia / DomusVi

O balance diario realizado pola Xunta de Galicia sobre a incidencia da covid-19 nos centros residenciais inclúe este sábado novos contaxios na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. En concreto, un traballador da residencia de maiores Ballesol de Poio e 4 usuarios e 3 traballadores da residencia de maiores DomusVi de Ribadumia

Este centro foi intervido pola Xunta de Galicia esta semana e pasou a ter xestión pública. Xa antes de detectarse estes casos, a situación era delicada na residencia, que na actualidade xa suma oito positivos entre os traballadores e 24 entre os usuarios. En total, este centro acumula, polo tanto, 32 contaxios.

Diferente é o caso da residencia Ballesol de Poio, na que non había ata o venres ningún caso activo e que este sábado suma este traballador afectado.

A maiores, hai activos seis casos de usuarios e cinco de traballadores da residencia Nosa Señora Valvanera de Cambados, dous traballadores en Nuestra Señora de Los Dolores de Forcarei, un traballador na residencia Saraiva Sénior de Pontevedra, outro traballador na Residencia Soremay de Pontevedra e un empregado da residencia Divina Pastora de Vilagarcía.