A rúa Almuiña volve ser transitable

Marín
20 de decembro 2014

Faltan pequenos detalles para finalizar a súa reforma. Os automóbiles poderán circular por ela a partir do luns, pero só con sentido de baixada e respectando a preferencia peonil

Obras no ámbito do mercado municipal de Marín

A falta de pequenos detalles para finalizar a súa reforma, os automóbiles poderán circular pola rúa Almuiña a partir do luns, pero só con sentido de baixada e respectando a preferencia peonil.

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, explicou que o groso da obra está feito, cumprindo así o compromiso de abrir a rúa antes de Nadal. Nos últimos días apuráronse a instalación de farois, xardineiras, morróns e sinais de tráfico.

O parón imposto polo convencio da construción obrigou a deixar sen rematar algunhas cousas que "por non ser imprescindibles para o tránsito tanto peonil coma rodado se deixarán para despois das festas do Nadal".

"Cremos que o investimento foi importante, que o cambio é tamén moi apreciado e que a empresa desenvolveu un bo labor cumprindo os prazos", destacou a alcaldesa.

En canto ao tramo restante de reforma urbana que queda por executar, entre a esquina con Concepción Areal e a actual remodelación, María Ramallo informou que "nestes momentos se encontra en fase de licitación", coa presentación de ofertas por parte das empresas que concorren á adxudicación.