A Rúa do Tombo estrea imaxe trala súa reforma

Marín
23 de novembro 2019

Un dos puntos máis importantes desta actuación, ademais da mellora visual do aspecto do viario, ten que ver que renovación de toda a rede de saneamento que discorre baixo a rúa

Aspecto da Rúa do Tombo trala súa reforma
Aspecto da Rúa do Tombo trala súa reforma / Concello de Marín

A humanización da marinense Rúa do Tombo xa loce o seu aspecto final, unha vez concluídas as obras.

Trátase dunha actuación na que ademais da mellora visual do vial, destaca o traballo baixo terra, coa renovación de toda a rede de saneamento.

Era, asegura o goberno local, unha "necesidade urxente" xa que durante as tarefas de revisión e mantemento da rede municipal foi detectado un mal funcionamento do colector, ao que chegan as augas pluviais e residuais da rúa Pitanxo e de parte de Concepción Arenal.

En canto á superficie, a Rúa  do Tombo gañou unha beirarrúa no seu lado esquerdo para mellorar o tránsito de peóns entre a propia Concepción Arenal e a Avenida de Ourense.

En total as obras custaron 120.763,47 euros que foron financiado con cargo ao Plan Concello da Deputación de Pontevedra.