A rúa José Malvar xa está aberta ao tráfico rodado

Pontevedra
06 de agosto 2021

Foi realizada unha reparación de emerxencia para eliminar o perigo de afundimento. Dende o Concello aseguran que no futuro procederase cunha nova intervención co obxectivo de mudar a canalización actual do río Valdecorvos

Corte de tráfico por obras na rúa José Malvar por risco de afundimento na calzada
Corte de tráfico por obras na rúa José Malvar por risco de afundimento na calzada / PontevedraViva

O Concello de Pontevedra informou este venres que a rúa José Malvar xa está aberta ao tráfico rodado por ambos os dous sentidos. 

Na mañá do xoves, logo de ser detectado un risco de afundimento polos técnicos municipais, procedeuse ao cortado do tráfico no carril dereito de subida.

Foi realizada unha reparación de emerxencia para eliminar o perigo de afundimento. 

Dende o Concello aseguran que no futuro procederase cunha nova intervención co obxectivo de mudar a canalización actual do río Valdecorvos.