A rúa Progreso abre ao tráfico nos seus dous sentidos

Sanxenxo
22 de xuño 2019

O Concello entende que o mellor para non prexudicar a actividade comercial e hostaleira é pospoñer os traballos neste tramo ata despois do verán

A rúa Progreso abre ao tráfico nos seus dous sentidos
A rúa Progreso abre ao tráfico nos seus dous sentidos / Concello de Sanxenxo

A rúa Progreso abriu este venres ao tráfico nos seus dous sentidos.

Os dous tramos principais da rúa Progreso están practicamente concluídos, a falta de detalles de mobiliario e xardinería. Queda pendente o tramo central.

O Concello entende que o mellor para non prexudicar a actividade comercial e hostaleira é pospoñer os traballos neste tramo ata despois do verán.

A rotonda da confluencia con Castelao estará operativa a finais de mes de forma provisional, mentres que a da confluencia coa avenida de Madrid non se construirá ata despois do verán. A parada de autobús da rúa Progreso desprázase 100 metros ata a confluencia coa rúa Carlos Casas.