As obras da Rúa Progreso retomaranse o 9 de setembro

Sanxenxo
01 de setembro 2019

O Concello de Sanxenxo informou que o vindeiro luns 9 de setembro retomaranse as obras da rúa Progreso, en concreto o tramo central de 290 metros comprendidos entre a rúa Sanxenxo e a estrada de Nantes – Meaño

A rúa Progreso abre ao tráfico nos seus dous sentidos
A rúa Progreso abre ao tráfico nos seus dous sentidos / Concello de Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo informou que o vindeiro luns 9 de setembro retomaranse as obras da rúa Progreso, en concreto o tramo central de 290 metros comprendidos entre a rúa Sanxenxo e a estrada de Nantes – Meaño.

En principio está previsto cortar o carril dirección cara a Pontevedra, pero só no tramo de 290 metros. Unha vez levantado o pavimento no entroncamento das rúas Sanxenxo e Progreso e segundo as dificultades que se atope a empresa podería ser necesario cortar os dous carrís durante 2 días.

A obra comezará no entroncamento da rúa Progreso coa rúa Sanxenxo. A parada de autobuses do hotel Terraza manterase ata que as obras cheguen a ese punto. A parada de autobuses do inicio da avenida de Madrid trasladarase á avenida de León un pouco máis aló da baixada de Miraflores.

Os residentes e autobuses poderán usar a rúa Progreso en sentido Portonovo- Pontevedra, ata o entroncamento coa estrada de Nantes – Meaño (rúa Castiñeiras).

O sentido de circulación de Pontevedra a Portonovo e Vilalonga manterase pola rúa Progreso, xa que este será o carril que quede habilitado.

En canto ao sentido de circulación Portonovo-Pontevedra existen dúas opcións: A primeira será subir pola Rúa Vento, e ir ata Miraflores para incorporarse nese punto á PO-308. A segunda opcion será baixar por Rocafort, Castelao, Luís Vidal Rocha, Paseo de Silgar, Cesteiros e incorporarse á Rúa Progreso, dirección Pontevedra.