A ruta ciclista entre Pontevedra e O Grove xa está sinalizada

Pontevedra
25 de decembro 2020

En total, colocáronse 30 indicadores, 14 sinais e 16 paneis de grandes dimensións para advertir os condutores da presenza habitual de ciclistas deportivos, un colectivo que circulan a unha velocidade maior polo que deben desprazarse pola calzada

Un dos sinais colocadas na ruta ciclista Xunta de Galicia

Os preto de 50 quilómetros que forman parte do roteiro ciclista coñecido como Ruta do Sol, entre Pontevedra, Poio, Sanxenxo e O Grove, xa están sinalizados.

O goberno galego, a través da Consellería de Infraestruturas, completou a instalación destes sinais polo roteiro.

En total, colocáronse 30 indicadores, 14 sinais e 16 paneis de grandes dimensións para advertir os condutores da presenza habitual de ciclistas deportivos, un colectivo que circulan a unha velocidade maior polo que deben desprazarse pola calzada.

O obxectivo desta actuación, que se repetiu noutros roteiros ciclistas de Galicia, é aumentar a seguridade en todo o seu trazado, a través dun incremento cualitativo e cuantitativo destes indicadores.

Este roteiro ten unha lonxitude de 48,3 quilómetros en sentido circular e transcorre por sete estradas autonómicas, PO-531, PO-308, PO-504, PO-550, PO-316, PO-312 e PO-317, onde se colocaron estes indicadores.