A senda entre Trasouto e A Portela sumará 47 novos puntos de luz

Bueu
10 de febreiro 2023

 O Concello de Bueu mantén aberto o prazo de licitación deste proxecto, que conta cun orzamento de 78.638 euros, IVE engadido. Está financiado coas axudas do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra

Senda entre Trasouto e A Portela, en Bueu
Senda entre Trasouto e A Portela, en Bueu /

Xa se atopa aberto o prazo de licitación para que as empresas interesadas presenten antes do mércores 22 de febreiro as súas ofertas económicas para instalar 47 novos puntos de luz na senda que percorre a zona entre Trasouto e A Portela.

Estas obras contan cun orzamento superior a 78.638 euros, IVE engadido, e atópase financiada coas axudas do Plan Concellos 2022.

A previsión do Concello de Bueu é que a obra conclúa durante a primavera deste 2023.

A senda que será iluminada foi acometida pola Consellería de Infraestrututras da Xunta de Galicia a finais de 2021. Nestas obras xa se estableceu unha preinstalación das canalizacións do cableados e as bases de formigón. Este procedemento permitirá que agora a intervención sexa máis rápida e menos agresiva ao longo dunha extensión de máis dun quilómetro.

Félix Juncal, alcalde de Bueu, sinala que se trata dunha actuación que permite ampliar a iluminación na zona que, cada vez, é máis empregada pola cidadanía para camiñar; e, ao mesmo tempo, mellora a seguridade viaria.