A senda litoral entre a praia de Campelo e A Seca vai tomando forma

Poio
17 de agosto 2016

Xa rematou a primeira fase que vai dende a praia de Campelo ata a Ostreira, executada pola Dirección Xeral de Costas do Estado

Campelo
Campelo

Xa finalizou a primeira fase da senda litoral que unirá Campelo coa Seca, cun percorrido desde a praia de Campelo ata a Ostreira. A obra foi executada pola Dirección Xeral de Costas do Estado. 

A segunda fase está previsto que se inicie antes de que finalice 2016 e, segundo informa a primeira tenente de alcalde de Poio, Chelo Besada, continuarán recollendo sinaturas para a cesión dos terreos afectados por este proxecto. Estes terreos son cedidos de maneira voluntaria polos propietarios cunha dimensión que alcanza os catro metros.

Está previsto que o paseo conte con miradoiros e zonas para a observación das aves da enseada da Seca.

Ao mesmo tempo, desde o Concello de Poio está a traballarse coa Deputación de Pontevedra coa idea de conectar esta senda co porto de Campelo para que o paseo se prolongue desde Lourido ata a zona da Seca.