A senda peonil de Tenorio estará en construción neste mesmo ano

Cerdedo Cotobade
28 de marzo 2020

O departamento de Infraestruturas e Mobilidade investirá 550.000 euros neste proxecto, mentres que o Concello, que terá que licitar e executar as obras, achegará 250.000 euros. Ambas partes prevén que o inicio das obras sexa durante este mesmo ano 2020

Futura senda peonil de Tenorio
Futura senda peonil de Tenorio / Xunta de Galicia

A través dun convenio asinado dixitalmente, o Concello de Cerdedo-Cotobade e a Xunta de Galicia pecharon os detalles para a construción da futura senda peonil de Tenorio. Esta actuación busca mellorar a seguridade na zona escolar e deportiva da parroquia.

O departamento de Infraestruturas e Mobilidade investirá 550.000 euros neste proxecto, mentres que o Concello, que terá que licitar e executar as obras, achegará 250.000 euros.

Ambas partes prevén que o inicio das obras sexa durante este mesmo ano 2020.

A travesía que cruza a parroquia de Tenorio ten un ancho de calzada de 9 metros, cun carril por cada sentido de circulación e zona de aparcamento de vehículos nunha das súas marxes e beiravía.

Tamén dispón de beirarrúas de ancho variable, de entre 0,70 centímetros e 1,70 metros, que na maior parte da súa traxectoria están moi deterioradas e nalgúns dos seus tramos non se adaptan á normativa vixente de accesibilidade. 

No acordo de colaboración se recolle a proposta do Concello de demoler as beirarrúas existentes para a construción dunha senda peonil cunha anchura de 1,50 metros, previa construción de dous muros de contención de terras para mellorar a súa estabilidade.

Neste espazo construiranse beirarrúas e espazo destinado a aparcamento ao longo de 150 metros

Para a execución das obras retranquearase o saneamento e pluviais, así como o alumeado público. Completaríase a actuación coa sinalización e defensa tanto das beirarrúas como da propia calzada nas zonas desgastadas.