A solvencia económica de Portas permite anular un crédito solicitado no ano 2012

Umia
16 de outubro 2021

O Concello de Portas cancela o crédito que solicitou ao Banco Santander no ano 2012. Cos votos de tódolos edís, agás do BNG que se abstivo, a operación suspenderase debido a "estabilidade orzamentaria e a solvencia económica" que permitiu rematar as contas do ano 2020 cun remanente de tesourería de 485.400,41 euros

Reunión dos voceiros municipais de Portas, presidida polo alcalde Ricardo Martínez Concello de Portas

O Concello de Portas cancela o crédito que solicitou ao Banco Santander no ano 2012. Cos votos de tódolos edís, agás do BNG que se abstivo, a operación suspenderase debido a "estabilidade orzamentaria e a solvencia económica" que permitiu rematar as contas do ano 2020 cun remanente de tesourería de 485.400,41 euros.

Deste xeito, o Concello libera nos orzamentos municipais, para o ano 2022, o importe restante do crédito, que ascende a un total de 111.130,41 euros, uns 73.000 euros que estaban comprometidos para atender a amortización deste crédito subscrito pola Corporación Municipal do ano 2012 por importe total de 591.000 euros e que íase pagando anualmente desde as arcas municipais.

Segundo o alcalde, Ricardo Martínez, "a solvencia e estabilidade económica" na que se encontra Portas actualmente, libera o compromiso orzamentario e poderá empregar eses cartos para "atender cuestións de índole social e a mellorar infraestruturas municipais, moi necesarias e que nos permitirán mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas".

Ademais, Martínez defendeu o modelo de xestión económica do equipo de goberno actual "que nos permite atender en tempo e forma a tódolos provedores ao tempo que podemos concurrir ás subvencións doutras institucións e  utilizar dun xeito máis eficaz e eficiente os recursos económicos do Concello para non gastar máis do que temos.