A UNED ofrece un curso estival sobre a igualdade como dereito fundamental no Centro Penitenciario da Lama

Pontevedra
26 de xuño 2023

Será impartido entre o 26 e o 28 de xuño e contará coa participación de xuristas do nivel de Roberto Blanco Valdés, Javier Ruipérez Alamillo, Ana Aba Catoira, Juan Francisco Sánchez González, Luis Miguel Muleiro Parada, José Alguacil González-Aurioles, Remedios Morán Martín y Ana Gude Fernández

Alfonso Vázquez, Víctor González, Jorge Alguacil, Blanco Valdés e Javier Ruipérez na entrada do Centro Penitenciario da Lama
Alfonso Vázquez, Víctor González, Jorge Alguacil, Blanco Valdés e Javier Ruipérez na entrada do Centro Penitenciario da Lama

O curso 'A igualdade como valor, principio e dereito fundamental', organizado pola UNED-Pontevedra no Centro Penal da Lama impartirase entre o 26 e o 28 de xuño coa participación de numerosos xuristas de destacada traxectoria.

O curso estival da UNED de Pontevedra organízase a través do Departamento de Dereito Político e conta coa dirección de Jorge Alguacil González-Aurioles, profesor titular de Dereito Constitucional da UNED. Rafael Cotelo Pazos, responsable de Extensión Universitaria e Actividades Culturais da UNED en Pontevedra, encárgase da coordinación.

Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago, foi o encargado de iniciar o ciclo disertando sobre a regulación constitucional. A continuación o catedrático de Dereito Constitucional da Univesidad da Coruña, Javier Ruipérez, ofreceu unha análise sobre a validez do voto dun cidadán independentemente do lugar onde resida.

A xornada do martes 27 de xuño iniciarase ás 9:15 horas cunha conferencia de Juan Francisco Sánchez González, profesor titor de Dereito Administrativo do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, titulada “Igualdade e maternidade subrogada”. 

Ás 11:15 tomará a substitución Ana Aba Catoira, profesora titular de Dereito Consititucional da Universidade da Coruña cun relatorio sobre “Igualdade e violencia de xénero”. 

Pola tarde, ás 15 horas, Luís Miguel Muleiro Parada, profesor titor de Dereito Financeiro e Tributario da UNED en Pontevedra falará sobre “Igualdade e progresividade no ordenamento tributario”. 

Ás 17 horas intervirá Jorge Alguacil González-Aurioles, profesor titular de Dereito Constitucional da UNED sobre “Igualdade e distribución territorial do poder”. 

O mércores 28 de xuño ás 9:15 horas tomará a palabra Remedios Morán Martín, catedrática de Historia do Dereito, da UNED quen protagonizará unha intervención titulada “Abride escolas e pecharanse cárceres. Voces femininas contra a desigualdade no século XIX”. 

Finalmente, ás 11:15 horas Ana Gude Fernández, profesora titular de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago, disertará sobre “Igualdade e non discriminación por razón de sexo: políticas e accións positivas de igualdade de xénero”. Con esta intervención finalizarán os relatorios deste curso de formación estival da UNED de Pontevedra.