A vendima é unha festa para os pequenos de Sanxenxo

Sanxenxo
23 de setembro 2016

Os escolares da quenda de mañá da Escola Infantil O Tombo e do Revel celebraron unha festa infantil temática sobre a vendima nas instalacións do centro sanxenxino

Festa da vendima nas escolas infantiles de Sanxenxo
Festa da vendima nas escolas infantiles de Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

Os escolares da quenda de mañá da Escola Infantil O Tombo e de O Revel celebraron unha festa infantil temática sobre a vendima nas instalacións do centro sanxenxino.

Nesta cita, os nenos puideron comprobar como se realiza o proceso de elaboración do viño, tan tradicional na comarca, desde a recollida da uva ata o embotellado, a través de diversas actividades e de forma práctica e didáctica.

Para a ocasión, os menores desenvolveron as tarefas de vendima nunha orixinal vide que decoraron con axuda dos coidadores e os pais, que achegaron parte do produto do día. Tras a recollida dos acios, que se depositaron nun capacho, os escolares dividíronse por parellas para proceder á obtención do mollo da uva de forma tradicional cos seus propios pés e mediante unha máquina manual.

A xornada finalizou cunha cata das uvas reservadas para o tentempié e un festival de música.

Esta "Festa da Vendima" iniciará a época de festexos da estación otoñal do centro, como son o "Samaín" ou o Festival de Outono.