A Praza do Teucro volverá a acoller a adaptación galega da Oktoberfest alemá organizada polo Pontevedra Rugby Club co obxectivo de recadar fondos para as súas categorías de base.
A sexta edición da Outubrofest celebrarase dende o xoves 30 de outubro ata o domingo 2 de novembro, segundo anunciou o club.
Durante eses catro días os asistentes poderán degustar tres tipos de cervexa, diversos estilos de salchicas e codillo, cuns prezos que se manteñen con respecto ás últimas edicións.
Así o custo de cada prato e bebida será o seguinte:
- Cervexa loira: 3,5 euros medio litro y 6 euros el litro.
- Cervexa de trigo e cervexa tostada: 4 euros medio litro y 7 euros el litro.
- Can quente: 2,5 euros.
- Prato de tres salchichas: 5 euros.
- Prato de cinco salchichas: 9 euros.
- Salchicha de medio metro: 6 euros.
- Salchicha dun metro: 10 euros.
- Codillo: 6 euros.