A Xunta adxudica a obra para mellorar a iluminación da rotonda elevada de Mollavao

Pontevedra
27 de abril 2020

O proxecto, valorado en 43.000 euros e cun prazo de execución de dous meses, consiste na restauración das torres de iluminación e a implantación de tecnoloxía LED

Plano da rotonda elevada do nó de Ence en  Mollabao que dá acceso á variante de Marín
Plano da rotonda elevada do nó de Ence en Mollabao que dá acceso á variante de Marín

A Consellería de Infraestruturas e Movilidad adxudica as obras de renovación e instalación de nova iluminación na glorieta elevada de Mollavao, no inicio da variante de Marín. Adxudicada á empresa  Aopil SL por un importe de máis de 43.000 euros, as obras comezarán nas próximas semanas e teñen un prazo de execución de dous meses.

O obxectivo do proxecto é a mellora do sistema de iluminación da ligazón de conexión entre a variante de Marín e a estrada PO-11, no seu punto quilométrico 0, para reforzar a seguridade viaria na contorna desta glorieta elevada. Está previsto realizar a rehabilitación e posta a punto das tres torres existentes, renovándose os proxectores con tecnoloxía LED, o que permitirá unha rebaixa moi significativa da potencia e do consumo.

A obra inclúe tamén a adecuación do cadro eléctrico existente e a reposición do cableado das torres de iluminación