A Xunta anuncia a "inmediata" licitación das obras de ampliación do Hospital do Salnés

O Salnés
03 de xullo 2014

Anunciouno o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, tras o Consello da Xunta celebrado este xoves. ÿ, dixo, unha obra necesaria "porque significa cumprir coa palabra dada ás 100.000 persoas que utilizan ese hospital" e porque entende que urxe salvar as "deficiencias evidentes" que sofre desde hai tempo

Hospital do Salnés

A Xunta de Galicia licitará de forma "inmediata" a ampliación e remodelación do Hospital Público do Salnés. Anunciouno o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, tras o Consello da Xunta celebrado este xoves. ÿ, dixo, unha obra necesaria "porque significa cumprir coa palabra dada ás 100.000 persoas que utilizan ese hospital" e porque entende que urxe salvar as "deficiencias evidentes" que sofre desde hai tempo.

Núñez Feijóo precisou que esta actuación, cun investimento de máis de 9,7 millóns de euros, se desenvolverá en dúas fases. A primeira centrarase en multiplicar por dous o total da superficie habilitada para urxencias, e a segunda, en incrementar a zona cirúrxica, pasando de tres a cinco quirófanos e dotándoa dunha nova área de coidados postcirúrxicos, así como na ampliación do bloque obstétrico.

Así mesmo, avanzou a apertura dun hospital de día con 10 boxes para que os pacientes que teñen que recibir medicación nun centro hospitalario o poidan facer sen necesidade de desprazarse ao hospital público de Pontevedra.

"Polo tanto, son case 10 millóns de euros en 4.1000 metros cadrados nos que imos actuar: 2.700 metros cadrados serán de nova construción e haberá unha reforma de 1.400 metros que serán obxecto de modernización", aseverou.

Con esta infraestrutura, Feijóo afirmou que o Goberno galego segue a dar pasos para mellorar a Sanidade pública, e, a pesares da crise económica. Neste sentido, citou numerosas actuacións en diferentes hospitais da xeografía galega, pero non citou o estado de tramitación no que se atopa o novo hospital de Monte Carrasco, do que a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, recoñeceu problemas no seu financiamento.