"Pretendemos ser escrupulosos coa legalidade", por este motivo, segundo o portavoz do goberno local, Raimundo González, o Concello de Pontevedra esperou a ter a autorización da Consellería de Infraestruturas ven de conceder para reparar o tramo que lle corresponde da iluminación da ponte da Barca. O Concello de Poio hai días que xa acometeu este arranxo.
As administracións local e autonómica discrepaban sobre a competencia desta actuación. O concello da capital sostén que esta infraestrutura é de titularidade autonómica e ten pendente uns traballos de rehabilitación que afectan as marquesiñas, mentres que a consellería sostén que a iluminación é responsabilidade dos concellos.
A reposición dos 27 puntos de luz da marquesiña da ponte custará 3.436 euros. Este mesmo xoves deuse orde para a contratación desta obra menor.
A Xunta concedeu este permiso "rápida e veloz" unha vez que lle foi solicitado por parte do Concello. "Os veciños non deben ser os perxudicados por estas cuestións", dijo Raimundo González.
OTERO PEDRAYO
Por outra banda a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo comunicou ao Concello de Pontevedra que iniciará o luns o arranxo do muro que obrigou a pechar ao tráfico a rúa Otero Pedrayo hai un mes
É unha parede de bloques de granito no terreo do albergue de peregrinos que corre perigo de derrube.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.