A Xunta chama os afectados polas expropiacións no río Lameira

Marín
12 de abril 2022

O pavillón do Sequelo acolleu este luns a convocatoria de expropiación dos terreos afectados polas obras do colector xeral e a construción dunha senda peonil desde Coirados ata Ponte Zapal

Os afectados polas expropiacións no río Lameira acudiron ao pavillón do Sequelo
Os afectados polas expropiacións no río Lameira acudiron ao pavillón do Sequelo / Concello de Marín

O pavillón do Sequelo acolleu este luns a convocatoria de expropiación dos terreos afectados polas obras do colector xeral e a construción dunha senda peonil desde Coirados ata Ponte Zapal, unhas actuacións de mellora cuxo orzamento global ascende a 3,6 millóns de euros.

A Xunta proxecta no río Lameira unha profunda renovación como parte dun convenio de colaboración do  Concello de Marín con Augas de Galicia.

Renovarase o colector xeral nunha distancia de 1.600 metros, desde a súa orixe na estrada PO-313, a partir de onde o río vai canalizado ata a desembocadura.

Para levar a cabo estas obras é necesario ocupar de maneira definitiva 67 predios e outras 39 parcelas están afectadas de maneira temporal.